Eventos
O Mago Rafa actuará no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz o luns, 4 de xaneiro, a partires das 18:00 horas.
O espectáculo leva por título A Nova Maxia-Lidade e naceu na soidade do local de ensaio do Mago Rafa onde pasou oitenta días confinado desenvolvendo unha montaxe para a volta á nova normalidade, pero nada é normal. Trátase dunha función para o desfrute familiar e comprometida cunha cultura segura e exemplar.
Esta actuación, organizada polo Concello de Alfoz, está subvencionada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.
Debido ao alto número de casos de Covid-19 que neste momento ten Xove, e tendo en conta as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia neste sentido, o Concello de Xove decidiu cancelar a recepción das Súas Maxestades os Reis Magos, que estaba prevista no pavillón municipal de deportes para o vindeiro martes, 5 de xaneiro. Desde o Concello subliñan que “loxicamente, con esta medida tratamos de preservar a saúde de todos, que para nós é o máis importante”.
A maxia do Nadal non pode desaparecer. A pesares do Covid-19, os Reis Magos van estar igualmente con nós, pasando por todas as casas dos nenos e neas de Xoveo na medianoite do 5 para o 6. Polo tanto, desde o Concello animan a todos e todas a que esperen con ilusión esa máxica noite.
O Concello de O Vicedo continúa coa súa programación de Nadal coa actuación do Mago Deimi, que terá lugar o vindeiro domingo, 3 de xaneiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
Trátase dun espectáculo de maxia variada e divertida, moi dinámica e cun toque de humor e desenfado que encaixa á perfección co público familiar. Destaca a técnica deste mago con moita experiencia e dilatada traxectoria en cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, levitacións, aparicións e desaparicións, maxia con lume e transformacións, entre outros. Toda a montaxe está acompañada de grandes doses de retranca e música de fondo para marcar o ritmo dun espectáculo no que é fundamental a participación do público.
Manteranse as medidas establecidas por Sanidade e o aforo estará limitado a 60 persoas ás que se lles vai ir asignando butaca...
leer másDebido ao alto número de casos de Covid-19 que neste momento ten Xove cun incremento continuo, o Concello decidiu suspender as actividades do Programa de Nadal previstas para estes vindeiros días. Desde o Concello subliñan: “loxicamente, tratamos de preservar a saúde de todos, que para nós é o máis importante. Polo tanto, suspendemos a vídeo proxección da curtametraxe de Xacio Baño Augas Abisais, que estaba prevista para este sábado, 26 de decembro, e tamén suspendemos a función de teatro de Pico do Castro O Terapeuta, que estaba prevista para este domingo, día 27”.
Dentro dos condicionantes que se impoñen nestes tempos, o Resort Thalasso Las Sirenas de Viveiro (Lugo) non perde a súa festa de despedida do ano, nesta ocasión con máis gañas ca nunca, xa que na noite do 31 de decembro acollerá a súa tradicional cea de fin de ano.
Dadas as restriccións de horario marcadas polas autoridades, nesta ocasión o protagonismo da noitevella será máis para a gastronomía e menos para a festa, que durará pouco tempo tra-las badaladas.
O menú que se ofrecerá para despedir o ano inclúe Salpicón de Lumbrigante; Vieira en dúas preparacións; Pescada do pincho de Burela rechea de marisco, cama de panadeira e salsa de porros; Sorbete de mojito; e Solombo de Ternera Gallega albardado, foie micuit, pataca bastón e atado de trigueiros.
Ademais da cea de fin de ano, o Hotel...
leer másAs nenas e os nenos de Burela disfrutarán de inchables e xogos do 28 ao 30 de decembro no pavillón dos institutos, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey.
O edil explicou que “a intención era facer esta actividade na praza da Mariña, pero como a previsión do tempo para eses días é de auga decidimos trasladalas ao pavillón dos institutos. De todos os xeitos, si algunha xornada fose seca poderíamos levar os inchables ao exterior”.
Unha das maiores atraccións será un tobogán deslizador con efecto neve: “é a primeira vez que se conta con el na Mariña. Está destinado a todas as idades, para os nenos e as nenas e os seus pais e nais. Este inchable é para toda a familia. Hai outros que só son para @s nen@s”.
Fernández Rey dixo que “será necesario...
leer másA Concellería de Cultura de Burela programa para os vindeiros días de Nadal, a actuación da charanga Louband, que terá lugar o 25 de decembro. O 26 ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal proxectarase de novo o documental Honra, de Breixo Llano, Xabi Piñeiro e Adrián Canoura que conta o ascenso do Cefire Burela á División de Honra no ano 1999. A entrada será de balde e a reserva de butaca pódese facer mandando un correo cos datos persoais a documentalhonra@gmail.com. Ademais o domingo 27 ás 19:30 horas, tamén no Auditorio Municipal, Katarsis Teatro representará Malas palabras, protagonizada por Estíbaliz Veiga, en homenaxe a Carvalho Calero a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Tamén, ata o día 5 de xaneiro seguirá desenvolvéndose o xogo infantil interactivo Burela salva o Nadal.
... leer másOs Reis Magos de Oriente, en colaboración con operarios municipais do Concello de Foz, procederon á colocación de 12 buzóns para facilitar a achega de cartas ás nenas e nenos de todo o municipio.
O rei Melchor incidía na importancia de que os buzóns estean preto das casas, repartidos por todo o concello, para que os desprazamentos sexan os mínimos debido aos protocolos polo COVID que hai que cumprir este ano. Así, dispuxéronse catro buzóns repartidos polo casco urbano e outros oito, un por parroquia, para que todos os rapaces teñan a posibilidade de enviar as súas peticións.
O rei Gaspar aplaudía o ben que están a levar as medidas todos os pequechos, xa que puido observar que sempre saen á rúa coa máscara posta. E Baltasar lembrou que terán en conta os comportamentos durante todo o ano, pero tamén as dificultades...
leer másVaivén Circo presenta o día 30 deste mes, mércores, en Ribadeo o seu espectáculo Esencial, co que está percorrendo toda España. Desde a súa creación, no ano 2008, esta compañía recibiu numerosos galardóns entre os que destaca o Premio Nacional de Circo en 2016.
Este espectáculo terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval ás 19:00 horas con entradas numeradas gardando as distancias de seguridade, aforo reducido e demais medidas contra o Covid 19. As entradas xa están á venda en www.ataquilla.com.
Está organizado por Game Over Productions xunto co Concello de Ribadeo dentro do programa Platea do INAEM. Os seus responsables de Game Over destacan “a gran calidade de Vaivén Circo e en concreto deste espectáculo familiar, que fala de transicións. Cinco personaxes que xogan, que...
leer másO premio do concurso de postais convocado polo Concello de Lourenzá será entregado este mércores, día 23, e o domingo 27 haberá un concerto da Banda de Música de Foz na igrexa de San Adriano.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “foi elixida a postal que vai empregar como felicitación de Nadal, que é a gañadora do concurso convocado polo Concello de Lourenzá, cuxa autora é Sara Terrón, de 10 anos. O premio, que consiste en 100 euros e trofeo, será entregado este mércores, día 23, ás 17 horas, durante a visita de Papá Noel ao concello”.
Ademais o domingo 27 ás 12:30 horas na igrexa de San Adriano haberá un concerto da Banda de Música de Foz. “Está incluído no programa de dinamización das parroquias, dentro do Plan Único da Deputación. Se a climatoloxía o permite será no campo da igrexa e no caso...
leer más