Guiados
Guía tu día comezou este ano a facer visitas guiadas polo Monumento Natural da praia das Catedrais para poñer en valor este conxunto de arcos rochosos sito no concello de Ribadeo.
Esta actividade iniciouse o pasado mes de abril e tralo éxito volve en maio. "Unhas visitas ideais para realizar nesta época xa que o areal está máis tranquilo e aínda se pode acceder con mascotas. Están abertas a todo o mundo", comenta a guía.
Todas elas terán lugar pola mañá coincidindo co horario de baixamar e cunha duración de hora e media. O xoves 9 de maio será ás 11 horas, o venres 10 ás 11:30 horas e o sábado 11 ás 12 horas.
As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 654 99 68 57.
A Concellaría de Turismo organiza percorridos guiados esta Semana Santa. Serán ás XeoRutas dos Arcos e da Ría e polo Ribadeo Indiano e Ilustrado. Trátase de actividades de balde. As prazas son limitadas, polo que é preciso anotarse. A programación foi presentada por Pablo Vizoso.
O edil ribadense dixo que “a Área de Turismo do Concello de Ribadeo continúa a organizar percorridos guiados a través dos que se poderá descubrir o seu importante patrimonio natural e cultural. Unha serie de rutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural”.
Pablo Vizoso explicou que “no ámbito do RibadeoXNatural sinalamos dúas rutas. En primeiro lugar a dos Arcos que vai permitir explorar e visitar o conxunto dos arcos rochosos máis importantes da península...
leer másA Área de Turismo do Concello organiza durante a Semana Santa 7 percorridos guiados a través do importante patrimonio natural e cultural de Ribadeo. As visitas serán de balde e as prazas limitadas, segundo anunciou o concelleiro Pablo Vizoso Galdo.
O edil ribadense explicou que “esta Semana Santa a Área de Turismo do Concello de Ribadeo organiza 7 percorridos guiados a través dos que se poderá descubrir o noso importante patrimonio natural e cultural. Trátase dunha serie de rutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos moi diversos tanto dende o punto de vista natural como cultural”.
Pablo Vizoso contou que “dende o punto de vista natural darase unha ampla visión do importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral. Así organizamos tres Xeorutas, 2 saídas para facer a dos Arcos e...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza unha serie de rutas en agosto e setembro para completar e diversificar a oferta do xeodestino ademais de axudar na reactivación da actividade turística. A Mariña en Ruta desenvolverase nunha primeira quenda os días 5, 10 e 12 de agosto. A iniciativa foi presentada este mediodía no Cenima en Foz.
A Mariña Lucense é un enclave único, cunha ampla e diversa riqueza cultural e natural con 114 quilómetros de costa e 18 áreas protexidas. É o caso da Reserva da Biosfera Terras do Miño ou a do río Eo, Oscos e Terras de Burón que abarcan varios concellos da nosa comarca. Así como os Monumentos Naturais de As Catedrais e o Souto da Retorta, varias ZEC (Zonas de Especial Conservación), ZEPA (Zonas de Especial Protección para as Aves), Humedais de Importancia Internacional RAMSAR, espazos Rede...
leer más