Oficina

Etiquetas:
04/04/2022

A Oficina de Turismo de Burela permanece aberta ao público de martes a sábado.

Horario de primavera  (ata o 31 de maio):
Mañás: de 10:00 a 14:00hs
Tardes: de 16:00 a 18:00hs

Horario de verán (dende o 1 de xuño):
Mañás: de 11:00 a 14:00hs
Tardes: de 17:00 a 20:00hs

Domingo e luns pechada.

A Oficina de Turismo de Burela está situada na Explanada Portuaria, Porto Pesqueiro s/n (enfronte ás oficinas portuarias de Portos de Galicia).

Etiquetas:
08/09/2021

A Oficina de Información Turística do Concello de Alfoz, situada no Castelo de Castro de Ouro, abrirá como ata o de agora de martes a domingo (de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas) ata o 19 de setembro, domingo.  No mesmo horario abrirá os días 25 e 26 deste mes, sábado e domingo.

Desde o 27 de setembro ata o 30 de outubro permanecerá pechada ao público.

Etiquetas:
01/07/2021

Barreiros pon en marcha un novo punto de información turística situado na Praia de Coto.
Estará aberto durante xullo e agosto en horario de 17.30h a 20.00h de martes a venres e os sábados de 11.00h a 13.30h e de 17.30h a 20.00h. 

A oficina de turismo do Centro Sociocultural seguirá prestando servizo de martes a venres polas mañás, de 11.00h a 13.30h. 

Deste xeito, o Concello pretende achegar este servizo aos usuarios/as que acoden a Barreiros principalmente para gozar do litoral, polo que a actual oficina, situada en San Cosme, lles queda un pouco a desmán. 

As súas extensas praias de area branca e fina son o seu principal recurso turístico, mais Barreiros conta con outros atractivos tanto de carácter natural coma cultural, polo que esta Oficina de Turismo contribuirá a divulgar a...

leer más
Etiquetas:
02/06/2021

O Concello de Alfoz comunica os cambios no horario de apertura da Oficina de Información Turística, situada no Castelo de Castro de Ouro.

A partir deste venres, 4 de xuño, abrirá de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas os venres, sábados e domingos.

O teléfono é 982 558 578 e a dirección de correo electrónico turismo@concellodealfoz.com

Etiquetas:
24/03/2021

Desde o venres, 26 de marzo, ao 3 de a abrila Oficina de Turismo estará aberta en horario de maña é tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Apostando polo potencial turístico co que conta o Concello de Barreiros, no mes de xaneiro formalizouse a contratación dunha nova técnica de Turismo que está a traballar na actualización e elaboración de material así como dando apoio á hostalaría e comercio local para adecuar os espazos á normativa Covid.

O horario de atención ao público en Semana Santa será desde o 26 de marzo ata o 3 de abril:
Mañás: de 10.00h a 13.30h.
Tardes: de 16.00h a 19.00h.
Domingo 28 e luns 29 pechada.

Pódese contactar coa técnica de turismo no correo turismo@concellodebarreiros.gal, no...

leer más
Etiquetas:
28/03/2018

As dúas oficinas de turismo do Concello de Foz, situadas no Cenima e na basílica de San Martiño, teñen horario especial durante esta Semana Santa. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, salienta a grande afluencia de visitantes que hai estes días e a boa acollida que están a ter as novas instalacións de A Mariña Virtual. 

O rexedor anunciou que “as dúas oficinas de turismo do Concello de Foz, concretamente a que temos no Cenima, actualmente tamén sede de A Mariña Virtual, e a que hai na basílica de San Martiño, están abertas esta semana practicamente todos os días. A oficina de turismo do Cenima abre de luns a sábado en horario de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Na oficina de turismo da basílica de San Martiño o seu horario amplíase de martes a sábado de 10:30 a 14 horas e de 16 a 20 horas; e os domingos tamén abre pola mañá de 10:30 a 13...

leer más
Etiquetas:
28/03/2018

A Concellaría de Turismo anuncia que duplica desde hoxe o persoal encargado de informar aos visitantes que se acheguen durante esta Semana Santa ás oficinas de turismo da vila e da praia das Catedrais. 

A edil Ana Martínez contou que “desde o Concello de Ribadeo, e para atender a demanda que se poida dar durante estas datas de Semana Santa, a partires de hoxe mesmo imos reforzar os servizos de información turística. Ata o momento tiñamos  unha persoa na praia das Catedrais e outra na oficina de Ribadeo. Pois a partir de hoxe contaremos co dobre de persoal, catro persoas para atender esa posible e importante demanda de visitantes que se poidan achegar durante estes días ao noso concello”.

A concelleira de Turismo dixo que “tamén queremos reforzar un pouco o servizo que damos non soamente de información, senón de...

leer más
Etiquetas:
13/07/2017

Concello de Mondoñedo reforza a Oficina de Turismo coa contratación dun técnico de información turística ao abeiro dunha subvención da Xunta de Galicia, que realizará labores de difusión e promoción turística ata o vindeiro 15 de setembro, o que permitirá ofrecer unha mellor resposta ao visitante durante os meses de maior afluencia de turistas.

Deste xeito, o Goberno local continúa a potenciar a oficina de turismo, que está aberta durante todo o ano de domingo a luns, sendo unha das de referencia da Mariña. Reforzouse xa no ano 2016 ademais de cun contrato a tempo completo para o verán, cunha persoa a tempo parcial para todo o ano. E desde marzo de 2017 o Concello contratou, -a través do plan DepuEmprego-,  a unha axente de desenvolvemento turístico coa acreditación de Guía Oficial de Turismo, que ademais de prestar atención ao público,...

leer más
Etiquetas:
23/03/2017

La empresa multinacional energética Iberdrola abrió en Ribadeo su primera delegación en A Mariña, en la que cuenta con cinco personas para atender a particulares y empresas de toda la zona norte de la provincia. El responsable es Andrés Corral y del equipo forman parte también Natalia Iriarte, Óscar Corral, Pablo Prado y Senén Calvín.

El responsable de la delegación de Iberdrola en A Mariña explicó que decidieron abrir esta oficina en Ribadeo porque estaban “muy interesados en tener un punto de atención al cliente directo en la zona de A Mariña y por eso hemos decidido abrir en Ribadeo porque que era el lugar donde más penetración teníamos de clientes y por lo tanto donde más atenciones tendríamos que realizar”.

Andrés Corral añadió: “antes de abrir este punto de atención al cliente hicimos una campaña de venta...

leer más