Catamaráns

03/02/2025

A Deputación de Lugo abriu hoxe o prazo para reservar praza nas rutas fluviais pola Ribeira Sacra, unha das propostas turísticas máis destacadas da provincia e que ofrece a institución provincial. A tempada 2025 comezará o próximo 22 de marzo e prolongarase ata finais de ano. 

As persoas interesadas en realizar estas viaxes poden adquirir os seus billetes a través da páxina web reservas.rutasembalses.es, onde terán acceso en tempo real a toda a información sobre horarios, tarifas e dispoñibilidade das rutas. A plataforma permite tamén modificar reservas e consultar detalles adicionais de forma sinxela e rápida, estando dispoñible as 24 horas do día. Non se aceptan reservas por teléfono nin por correo electrónico.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou o éxito...

leer más
Etiquetas:
20/03/2021

A Deputación de Lugo aprobou, na Xunta de Goberno celebrada este xoves, unha nova edición do programa Lugo Termal, que este ano contará con máis beneficiarios. Tal e como anunciou a voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, como novidade para aumentar o retorno económico do programa no establecementos termais da provincia, poderán gozar dos descontos nos balnearios de Lugo, Pambre e Pantón os maiores de 50 anos, que terán tamén a posibilidade de acudir a estes establecementos cun acompañante que non teña necesariamente esta idade.

“Esta novidade aumentará o beneficio do programa para os balnearios da provincia cando máis o necesitan polo grave impacto das restricións sanitarias provocadas pola crise da Covid-19”, asegurou García Porto, que lembrou que esta é unha das...

leer más