Do 26 de marzo ao 3 de abril estará aberta a oficina de turismo de Barreiros no centro sociocultural, en horario de mañá e tarde.

Desde o venres, 26 de marzo, ao 3 de a abrila Oficina de Turismo estará aberta en horario de maña é tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Apostando polo potencial turístico co que conta o Concello de Barreiros, no mes de xaneiro formalizouse a contratación dunha nova técnica de Turismo que está a traballar na actualización e elaboración de material así como dando apoio á hostalaría e comercio local para adecuar os espazos á normativa Covid.

O horario de atención ao público en Semana Santa será desde o 26 de marzo ata o 3 de abril:
Mañás: de 10.00h a 13.30h.
Tardes: de 16.00h a 19.00h.
Domingo 28 e luns 29 pechada.

Pódese contactar coa técnica de turismo no correo turismo@concellodebarreiros.gal, no teléfono 982.134.400 / 606.835.626 e a través das redes sociais de Instagram e Facebook co nome de “Barreiros Turismo”.