Lourenzá
A Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, acolle unha nova edición da Vila de Nadal elaborada artesanalmente, que conta con máis escenas e figuras que o ano pasado.
A alcaldesa, Rocío López, conta que “neste 2024 incorporamos varias escenas novas como a botica, a xastrería, a taberna e o panadeiro, que se unen ao resto de oficios ou costumes da nosa vida como a matanza do porco do ano pasado ou a escola rural, por poñer so uns exemplos”.
A rexedora municipal lembra que “xa hai uns anos que puxemos en marcha esta iniciativa e cada Nadal imos aumentando o número de figuras que forman esta instalación. Decidimos apostar por unha decoración sostible que nos permite reciclar e aproveitar os restos das podas, dos troncos e das ramas das árbores que se van cortando ao longo do ano e así facemos estas...
leer másO xurado da sexta edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer os nominados nas distintas categorías de premios. Serán entregados na gala que se celebrará o sábado 21 de decembro ás 20:00 horas no multiusos Ponte de Cuñas, evento no que presentará e actuará o coñecido actor Avelino González.
Para o premio Conde Santo á mellor representación (750 euros e trofeo) os elixidos son: Heroínas cotiás, de Muiñeiras do Vento (Ferrol); O traballo de Andrea, de Ollomao (Barreiros); e As máscaras de Ibáñez. O marqués de Sargadelos que nunca foi, de Avelaíña (Pontevedra)
En canto ao premio Lourenzo ao mellor actor (trofeo): Juan Villarino, de Pico do Castro (Foz); Benito do Condadés, de Ollomao (Barreiros) e Xabier Fernández, de Avelaíña (Pontevedra)
... leer másO salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá este sábado, día 14 de decembro, ás 19:00 horas a presentación do libro titulado La carpeta del 77.
É unha novela de Alberto V. Serantes e Carmen González, baixo o pseudónimo de Lily Beirut. Trátase da continuación do libro Como si se la hubiese tragado la tierra.
O acto está organizado pola Biblioteca Maravilhas - Escola de Arroxo e colabora o Concello de Lourenzá.
O Concello de Lourenzá conmemora este sábado, día 30 de novembro, o día contra violencia de xénero cun concerto pola igualdade titulado Las Sinsombrero, do cantautor Paco Damas, que estará acompañado de nove nenos e nenas de Lourenzá que lerán poemas das poetas da xeración do 27. Será no Multiusos Ponte de Cuñas ás 19:00 horas.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que “con este concerto pretendemos dar visibilidade á muller na cultura e na educación e sobre todo defender a igualdade e a non violencia de xénero. Las Sinsombrero é un proxecto do compositor granadino Paco Damas, producido e arranxado por Ludovico Vagnone e Pepe Dougan. A actuación resume ese espírito de compromiso coa igualdade, a visibilidade da muller e a loita contra esa lacra da nosa sociedade que é a violencia de xénero. Este concerto forma...
leer másO día 23 de novembro, sábado, disputarase no Pavillón Municipal de Lourenzá a segunda edición do Trofeo de Niveis de Patinaxe Artística A Mariña.
As Escolas Deportivas do Concello de Lourenzá anuncian: “o 23 de novembro tedes unha cita coa sección de patinaxe das escolas, no pavillón de Lourenzá, en horario de mañá (10:00h-14:00h) e de tarde (16:00h-20:00h). Este ano é moi especial xa que temos representación de moitos lugares de España, sendo un total de 105 participantes”.
Os equipos asistentes son: ACD Xove, Club Anca, Rodando Corrales, Rodando Polanco, CP Langreo, CP Castrillón, CP Renedo/Cigales, Escola Lubiáns, CP Fervello, CP Enxebre e ED Lourenzá.
“Estamos moi agradecidos a tódolos participantes e, como non, aos establecementos colaboradores e patrocinadores, posto que sen eles...
leer másA Biblioteca Maravilhas, que está na Escola de Arroxo (Lourenzá), acollerá un curso de galego gratuíto a partir de decembro.
O grupo promotor desta iniciativa explica: “estamos creando un grupo de persoas que non utilizamos o galego de forma habitual, para integrarnos na súa comprensión e poder expresarnos neste idioma, ben por interese persoal ou, dado o caso, por interese laboral, coa posibilidade de obter certificado CELGA. O grupo está coordinado e dirixido por Bernardo Penabade, profesor con ampla experiencia nese campo. Se hai persoas interesadas, sen límite de idade, podedes apuntarvos ou recibir máis información nos teléfonos 639.15.43.86 (Carlos) ou mediante whatsapp ao 638.41.85.45 (Rosa)”.
A Xunta de Galicia apoia a cuarta edición da Feira do Cabalo que se celebrará este domingo en Lourenzá, organizada polo Concello. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, que “reivindica a tradición cabalar desta zona -afirmou-, ao tempo que se converte en reclamo turístico e contribúe á dinamización económica local”.
Na feira, que comezará ás 9.00 horas, venderase gando equino e asnal. Ao longo da xornada sucederanse tamén competicións, como probas aparexadas de andadura serrada e chapeada ou concurso morfofuncional de poldros.
No acto de presentación participaron entre outros, a alcaldesa, Rocío López, e o tenente de alcalde, Javier Huertas.
Grupos das catro provincias galegas participarán na sexta edición do certame de teatro Concello de Lourenzá, que comezará o venres 1 de novembro, Día de Tódolos Santos.
O grupo Pico do Castro, de Foz, coa obra Mal do miolo, será o encargado de abrir este certame que se desenvolverá entre o 1 de novembro e o 8 de decembro. Participan nesta edición tres grupos da provincia de Lugo (Pico do Castro, de Foz; Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), e Ollomao, de Barreiros); dous das provincias de A Coruña (O Catre, de As Pontes, e Muiñeiras do vento, de Ferrol) e Pontevedra (Candelas, de Portas, e Avelaíña) e unha de Ourense (AT Coles).
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “as representacións serán todas ás 18 horas en domingos e festivos no multiusos Ponte de Cuñas. As entradas terán un custo de 4...
leer másO artista laurentino Jonydasvie rende homenaxe a seu pai, falecido recentemente, coa súa nova canción titulada Ya no estás, que se presentou nas plataformas dixitais este martes, día 15 de outubro.
“En un acto de amor y recuerdo, hoy presento mi nueva canción, una profunda despedida a mi padre, quien falleció antes de que pudiera decirle adiós. Esta composición nace de la necesidad de expresar lo que sentía en su ausencia, de plasmar los momentos que compartimos y los lazos que nos unían, esos sutiles parecidos que a menudo recordamos con una sonrisa”, explica Jonydasvie.
O artista laurentino engade que a letra da canción “es un viaje nostálgico a través de nuestros recuerdos. Desde las risas en casa hasta las enseñanzas que, aunque ya no están en palabras, siguen resonando en mi corazón. Cada acorde...
leer másA concentración de vehículos Vespafaba & Clásicos Lourenzá celebrará o seu décimo aniversario os días 5 e 6 de outubro, sábado e domingo. Foi presentada polos organizadores e pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López.
A organización do evento destaca que é “unha cita consolidada xa no calendario dos eventos de vehículos clásicos e motos, sobre todo da mítica Vespa, que atrae participantes de todo Galicia, Asturias e Castela e León” e anuncia que o sábado 5 será a xornada dedicada aos scooters e motos clásicas, con este programa: “recepción de motos a partir das 10:00 horas na rúa Fernández del Riego, onde a partir das 12:00 se celebrarán unha xincana e probas de habilidade, algo moi entretido que capta a atención de numerosos visitantes. A ruta está prevista para as 13:30 horas e percorrerá o Val de Lourenzá, haberá un pincheo polo...
leer más