Lourenzá

Etiquetas:
28/10/2024

A Biblioteca Maravilhas, que está na Escola de Arroxo (Lourenzá), acollerá un curso de galego gratuíto a partir de decembro.

O grupo promotor desta iniciativa explica: “estamos creando un grupo de persoas que non utilizamos o galego de forma habitual, para integrarnos na súa comprensión e poder expresarnos neste idioma, ben por interese persoal ou, dado o caso, por interese laboral, coa posibilidade de obter certificado CELGA. O grupo está coordinado e dirixido por Bernardo Penabade, profesor con ampla experiencia nese campo. Se hai persoas interesadas, sen límite de idade, podedes apuntarvos ou recibir máis información nos teléfonos 639.15.43.86 (Carlos) ou mediante whatsapp ao 638.41.85.45 (Rosa)”.

Etiquetas:
24/10/2024

A Xunta de Galicia apoia a cuarta edición da Feira do Cabalo que se celebrará este domingo en Lourenzá, organizada polo Concello. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, que “reivindica a tradición cabalar desta zona -afirmou-, ao tempo que se converte en reclamo turístico e contribúe á dinamización económica local”.

Na feira, que comezará ás 9.00 horas, venderase gando equino e asnal. Ao longo da xornada sucederanse tamén competicións, como probas aparexadas de andadura serrada e chapeada ou concurso morfofuncional de poldros. 

No acto de presentación participaron entre outros, a alcaldesa, Rocío López, e o tenente de alcalde, Javier Huertas. 

 

Etiquetas:
21/10/2024

Grupos das catro provincias galegas participarán na sexta edición do certame de teatro Concello de Lourenzá, que comezará o venres 1 de novembro, Día de Tódolos Santos.

O grupo Pico do Castro, de Foz, coa obra Mal do miolo, será o encargado de abrir este certame que se desenvolverá entre o 1 de novembro e o 8 de decembro. Participan nesta edición tres grupos da provincia de Lugo (Pico do Castro, de Foz; Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), e Ollomao, de Barreiros); dous das provincias de A Coruña (O Catre, de As Pontes, e Muiñeiras do vento, de Ferrol) e Pontevedra (Candelas, de Portas, e Avelaíña) e unha de Ourense (AT Coles).

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “as representacións serán todas ás 18 horas en domingos e festivos no multiusos Ponte de Cuñas. As entradas terán un custo de 4...

leer más
15/10/2024

O artista laurentino Jonydasvie rende homenaxe a seu pai, falecido recentemente, coa súa nova canción titulada Ya no estás, que se presentou nas plataformas dixitais este martes, día 15 de outubro.

“En un acto de amor y recuerdo, hoy presento mi nueva canción, una profunda despedida a mi padre, quien falleció antes de que pudiera decirle adiós. Esta composición nace de la necesidad de expresar lo que sentía en su ausencia, de plasmar los momentos que compartimos y los lazos que nos unían, esos sutiles parecidos que a menudo recordamos con una sonrisa”, explica Jonydasvie.

O artista laurentino engade que a letra da canción “es un viaje nostálgico a través de nuestros recuerdos. Desde las risas en casa hasta las enseñanzas que, aunque ya no están en palabras, siguen resonando en mi corazón. Cada acorde...

leer más
27/09/2024

A concentración de vehículos Vespafaba & Clásicos Lourenzá celebrará o seu décimo aniversario os días 5 e 6 de outubro, sábado e domingo. Foi presentada polos organizadores e pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López.

A organización do evento destaca que é “unha cita consolidada xa no calendario dos eventos de vehículos clásicos e motos, sobre todo da mítica Vespa, que atrae participantes de todo Galicia, Asturias e Castela e León” e anuncia que o sábado 5 será a xornada dedicada aos scooters e motos clásicas, con este programa: “recepción de motos a partir das 10:00 horas na rúa Fernández del Riego, onde a partir das 12:00 se celebrarán unha xincana e probas de habilidade, algo moi entretido que capta a atención de numerosos visitantes. A ruta está prevista para as 13:30 horas e percorrerá o Val de Lourenzá, haberá un pincheo polo...

leer más
23/09/2024

A programación da XXXII Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, inclúe actividades como degustacións e venda de fabas o sábado e o domingo, exposicións e demostracións de artesáns, showcookings, cata de viño, concentración de vehículos clásicos e varias actuacións musicais.

As actividades comezarán o venres 4 de outubro ás 20:30 horas cunha cata comentada de viño a cargo da adega Alán de Val (D.O. Valdeorras) no Claustro do Mosteiro. E ás 22.30 horas haberá verbena no Campo dos Bolos, amenizada pola orquestra Montreal e DJ Cosme.

O sábado 5 de outubro ás 11:00 horas terá lugar a apertura da XXXII Festa da Faba: ás casetas de fabeiros, na Praza do Conde Santo; o stand Institucional da Mancomunidade de Concellos da Mariña; demostracións e exposición de artesáns nas prazas e rúas da vila;...

leer más
18/09/2024

O Concello de Lourenzá presentou o cartel anunciador e a pregoeira da XXXII Festa da Faba, que se celebrará desde o venres 4 ata o domingo 6 de outubro.

O cartel desta edición é obra do artista de O Valadouro Xosé Blanco, que  estudou na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso de A Coruña. Participou nas Experiencias de Tecnoloxía e Escola Libre de Sargadelos, onde tamén formou parte do Gabinete de Deseño. Participou ademais en numerosas exposicións con traballos de debuxo, pintura, gravado, cartelismo, ilustracións, etcétera. No cartel que deseñou para esta festa gastronómica, ademais de representar as fabas e as fabeiras, tamén fai un guiño a tradición laurentina, cunha imaxe do Rei Charlo portando unha ramiña de fabas.

Neste acto, no que estiveron presentes a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; o concelleiro de...

leer más
Etiquetas:
13/09/2024

As Escolas Deportivas de Lourenzá e o Concello organizan a décimo cuarta edición da Carreira Popular Val das Fabas que se celebrará o 28 de setembro.

Ás 17:00 horas terá lugar a saída das categorías menores e ás 18:00 a da proba absoluta cun percorrido de 6.330 metros. Haberá trofeos para todas as categorías e de regalo unha camiseta técnica.

As persoas interesadas poden facer a súa inscrición en championchipnorte.com ata o 24 de setembro.

Coorganiza esta proba a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia-Deporte Galego co patrocinio da Deputación de Lugo, Caixa Rural Galega e CCNorte Sports.

 

05/09/2024

O 20 de setembro darán comezo as festas na honra a San Antonio e Santo Tomás en Santo Tomé (Lourenzá). As celebracións iniciaranse ás 21:00 horas cunha gran pulpada e churrascada servida por Pulpería Suso, seguida dunha verbena onde actuarán a orquestra Acordes e o Dúo Matices.

O sábado 21  a xornada comezará ás 13:30 horas coa misa solemne e procesión, á cal seguirá unha sesión vermú amenizada pola Orquestra D'Noche. Pola noite, a partir das 22:30 horas, a verbena contará coas actuacións do Grupo Fusión e D'Noche, ofrecendo unha noite de diversión e boa música.

Para pechar as festas, o domingo 22 de setembro haberá de novo misa solemne e procesión ás 13:30 horas, e nova sesión vermú coa orquestra Dinastía, que porá o broche de ouro a esta fin de semana festiva.

 

28/08/2024

O colectivo Memoria da Mariña organiza no salón de actos do Concello de Lourenzá unha proxección do filme documental “A Cidade da Selva. Fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio”. Será este sábado, 31 de agosto, ás 19:30 horas.

Despois da proxección haberá un coloquio coa participación do director da película, Miguel Riaño.