O 23 de novembro disputarase en Lourenzá o II Trofeo de Niveis de Patinaxe Artística A Mariña

O día 23 de novembro, sábado, disputarase no Pavillón Municipal de Lourenzá a segunda edición do Trofeo de Niveis de Patinaxe Artística A Mariña.

As Escolas Deportivas do Concello de Lourenzá anuncian: “o 23 de novembro tedes unha cita coa sección de patinaxe das escolas, no pavillón de Lourenzá, en horario de mañá (10:00h-14:00h) e de tarde (16:00h-20:00h). Este ano é moi especial xa que temos representación de moitos lugares de España, sendo un total de 105 participantes”.

Os equipos asistentes son: ACD Xove, Club Anca, Rodando Corrales, Rodando Polanco, CP Langreo, CP Castrillón, CP Renedo/Cigales, Escola Lubiáns, CP Fervello, CP Enxebre e ED Lourenzá.

“Estamos moi agradecidos a tódolos participantes e, como non, aos establecementos colaboradores e patrocinadores, posto que sen eles isto non sería posible”, destacan as Escolas Deportivas do Concello de Lourenzá.