Lourenzá
A asociación Terras de Lourenzá organiza unha fin de semana de sendeirismo no Bierzo (León) os días 11 e 12 de novembro. O sábado farán a ruta Valle del Silencio, que ten unha distancia de 10,6 quilómetros e é de dificultade media alta. E o domingo percorrerán a ruta de Salto del Pelgo a Toral de los Vados, cunha distancia de 7 quilómetros e dificultade baixa.
A saída será o sábado ás 07:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do mércores 8 de novembro chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 100 euros para os socios do colectivo organizador e de 110 euros para os que non o son. As prazas son limitadas.
Os organizadores explican: “o sábado faremos parada en Vega de Valcarce para almorzar, a ruta comezará arredor das 9:45horas e...
leer másO día 4 de novembro, sábado, ás 20:00 horas dará comezo no multiusos Ponte de Cuñas a quinta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “o sábado 4 de novembro dará comezo o V Certame de Teatro Concello de Lourenzá. Abrirá o concurso o grupo Hipócrita Teatro, de Lugo, coa obra Arte, e rematará o 16 de decembro coa gala de entrega de premios, que incluirá a representación da obra Anacos, de Ítaca Teatro”.
As seguintes representacións do certame serán os días 5, 10, 11, 17, 19, 25 e 26 de novembro e correrán a cargo das compañías Ollomao, de Barreiros; O Torques, de Burela; Alxén, de Salvaterra; Anómico, de Vigo; Carauta, de Santiago; Fauna 113, de Vigo; e Coles, desa localidade da provincia de Ourense.
O Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada formativa sobre “A nova PAC: distintas ferramentas para a súa xestión”. Será no Multiusos Ponte de Cuñas, que está no recinto feiral de Lourenzá, o venres 27 de outubro de 11 a 14 horas e de 16h a 18 horas. A data límite de inscrición é o 25 de outubro.
Os interesados en obter máis información e para apuntarse poden facelo a través do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal ou dos teléfonos 982.130.615 e 982.121.376.
A terceira edición da Feira do Cabalo en Lourenzá, que terá lugar o domingo 29 outubro desde as oito e media da mañá, foi presentada pola alcaldesa, Rocío López, e por representantes da Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA) e do colectivo Cabaleiros de Lourenzá, creado recentemente.
A rexedora municipal comentou que “é unha boa iniciativa, que cada ano ten mellor aceptación e acollida. A participación de exemplares cada edición é maior e tamén asiste máis xente á feira. Este ano, ademais dos concursos que viñeron celebrándose nas anteriores edicións, tamén haberá presenza doutras especies de animais na feira. Agardamos que vaia consolidándose como un referente nas feiras dedicadas aos cabalos de pura raza galega e que sirva para seguir mantendo viva e presente esta raza de equinos”.
O...
leer másOs Concellos de Barreiros e Lourenzá chegan a un acordo para potenciar e mellorar a formación das crianzas barreirenses que queiran practicar atletismo.
Mediante este acordo, o corpo técnico das EEDD de Lourenzá asumirá os adestramentos da modalidade de atletismo para as nenas e nenos de Barreiros, que contarán cun adestramento neste municipio, outro no de Lourenzá e un terceiro para o uso das pistas de atletismo de Cervo.
A alcaldesa barreirense, Ana Ermida, manifestou que "valoramos positivamente para este acordo o traballo e a metodoloxía que levan feito durante todos estes anos nas Escolas de Lourenzá, que nos servirá para seguir apostando pola base sen perder a nosa identidade como Escolas deportivas de Barreiros",e amosouse convencida da necesidade de aproveitar sinerxías entre Concellos para dar máis e...
leer másMercar no comercio de Lourenzá dende este xoves, 19 de outubro, e ata o 26 de
outubro ten premio. En concreto 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e
de 50 euros para seguir mercando no comercio da localidade.
A Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a
Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e
Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de
Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL Lourenzá), poñen en
marcha a campaña de dinamización “Mercar no teu comercio ten premio”.
Así, todos os clientes de Lourenzá que realicen compras por importe mínimo de
10 euros no comercio asociado de proximidade entre o 19 e o 26 de outubro, poden
participar no sorteo en...
A asociación veciñal cultural San Adriano, de Lourenzá, organiza unha excursión a Vilanova de Cerveira (Portugal), Vigo, Combarro e Pontevedra para os días 25 e 26 de novembro
O prezo por persoa son 129 euros e inclúe viaxe ida e volta en autobús, comida, cea baile, almorzo, hotel en pensión completa, guía os dous días e seguro de viaxe. A data límite para anotarse é o 15 de novembro.
Para máis información e reservas os interesados poden contactar cos organizadores a través dos teléfonos 677.85.53.21 ou 606.50.40.00.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Agüeira, no municipio asturiano de Pesoz, para o 21 de outubro, sábado. A distancia a percorrer son 10,5 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante desa zona.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 17 de outubro, chamando aos teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. O prezo é de 40 euros para os socios do colectivo organizador e de 45 euros para os que non o son.
A novena edición da VespaFaba & Clásicos Lourenzá celebrarase esta fin de semana, sábado 30 de setembro e domingo 1 de outubro, durante a Festa da Faba. O evento foi presentado hoxe, martes, por unha representación dos organizadores -a asociación VespaFaba & Clásicos Lourenzá- e a alcaldesa laurentina, Rocío López García.
A primeira xornada está dedicada a scooters e motos clásicas. A partir das 10:00 horas farase a recepción e exposición na rúa Fernández del Riego; ás 11:30 haberá ximcana e probas de habilidade; ás 13:30 horas comezará a ruta e ás 15:00 no Bar Pitero terá lugar un xantar con entrega de premios e sorteos.
E o domingo os protagonistas do evento serán os coches clásicos. A partir das 10:00 horas farase a recepción e exposición na rúa Fernández del Riego; ás 13:30 horas sairá a ruta dos...
leer másA programación da XXXI Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará desde o día 29 deste mes ata o 1 de outubro, inclúe como novidade o Faba Fest. Será o venres pola noite no Campo dos Bolos e contará coa actuación do Grupo Beatriz e dos DJ Pedro Brmudz e Litainer, con entrada gratuíta. Ademais o programa inclúe outras actuacións musicais, degustacións e venda de fabas, exposicións e demostracións de artesáns, showcooking, cata de viño, tren turístico, concentración de vehículos clásicos e outras actividades.
Os actos empezarán o venres 29 ás 19:00 horas cun pasarrúas da Fanfarria Furruxa, que tamén actuará no Claustro do Mosteiro ás 21:00 horas. Ese día haberá ademais unha cata comentada de viño a cargo da adega Tapias Mariñán, da Denominación de Orixe Monterrei. E a partir das 22:30 horas no Campo dos Bolos, xunto ao mosteiro, terá lugar...
leer más