Xeoloxía
Os días 1 e 2 de xuño a Mancomunidade de Concellos organiza ao abeiro do Programa de Xeoturismo no contexto do Plan de Sostibilidade Turística o Xeo finde na Mariña, que contará cunha serie de actividades únicas onde os participantes explorarán a xeoloxía dunha maneira innovadora e emocionante.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “este evento ofrecerá a nenos e adultos a oportunidade de mergullarse no apaixonante mundo dos minerais e descubrir os segredos da terra baixo os nosos pés”. E animou ás familias a inscribirse “para vivir esta orixinal e única experiencia”.
O 1 de xuño terá lugar unha Xeoruta por San Cibrao. Iván Rodríguez levará aos asistentes a gozar dunha exploración da orixe do granito, un material que foi utilizado durante séculos na construción de vivendas e monumentos. Durante...
leer másA Tenencia de Alcaldía de Viveiro, a través da Concellería de Medio Rural, colabora coa Cámara Oficial Mineira de Galicia na organización dunha andaina na contorna da Silvarosa para conmemorar o Xeolodía, un evento impulsado pola Sociedad Geológica de España. Esta “excursión xeolóxica” terá lugar o día 11 de maio, sábado, data de celebración do Xeolodía. Esta efeméride ten lugar cada ano na segunda fin de semana de maio.
O concelleiro de Medio Rural, Juan Ramón Martínez Castro, sinala que “é unha honra que Viveiro fose o municipio elixido para a celebración do Xeolodía na nosa provincia por parte da organización, que pon en valor deste xeito o noso gran patrimonio natural e mineiro”.
A excursión, baixo o título “Do ferro Ordovícico ás Minas da Silvarosa: o patrimonio xeomineiro de Viveiro”, será gratuíta con prazas limitadas, polo que será necesario realizar a...
leer más