Lourenzá
A asociación Conde Santo, en colaboración co Concello de Lourenzá, Espectáculos Pico, a Xunta de Galicia e Patrimonio Laurentino, organiza as Festas do Conde Santo.
O evento, que terá lugar entre o 30 de agosto e o 2 de setembro, inclúe unha serie de actividades como actuacións de renome, sesións vermú e verbenas.
O venres 30 de agosto terá lugar a cea Lenda do Conde e a actuación de Luar na Lubre.
O sábado 31 de agosto a sesión vermú estará amenizada por Kalima 3.0, seguida dunha verbena animada por América e, unha vez máis, Kalima 3.0.
O domingo 1 de setembro Nueva Fuerza amenizará a sesión vermú e o día rematará cunha verbena a cargo de Cinema e Nueva Fuerza.
Finalmente, o luns 2 de setembro, haberá sesión vermú co Dúo Epo-K, e...
leer másA Concellería de Cultura de Lourenzá convoca a sexta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, no que poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas variantes dialectais. Anunciouno hoxe, xoves, o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Os grupos interesados en participar deberán inscribirse nas oficinas municipais do Concello de Lourenzá ou por correo, enviando a seguinte documentación: ficha de inscrición, que aparece na páxina web do Concello; fotocopia do CIF do grupo ou compañía; ficha artística e técnica; e DVD, pendrive ou tarxeta coa gravación dunha representación da obra presentada a concurso. O prazo de presentación das solicitudes...
leer másA parroquia de San Xorxe, no concello de Lourenzá, celebra as festas na honra a Santa Isabel esta semana, desde o venres 5 ata o domingo 7 de xullo.
As actividades comezarán o venres, día no que haberá verbena amenizada polo dúo Belinda e o grupo América SL.
O sábado celebrarase misa ás 13:15 horas, seguida de procesión e sesión vermú, co grupo Fénix, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Phantom.
E o domingo ás 13:30 horas haberá misa e despois procesión e sesión vermú, amenizada polo dúo Belinda.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta pola Fraga Vella para o 6 de xullo
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un roteiro por A Fraga Vella para o día 6 de xullo, sábado. É unha ruta circular de Labrada a Guilfonso para volver ao punto de partida. A distancia a percorrer son 12 quilómetros e a dificultade é media, pero tamén ofrecen a opción de facer unha ruta máis curta, de 8 quilómetros. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante de Abadín.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 4 de xullo, chamando aos teléfonos 699.70.60.31 ou 619.37.80.29. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 30 euros para os que non o son.
A Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá alberga unha mostra sobre os campos de concentración nazis, que pode visitarse de luns a venres en horario de cinco a sete da tarde ata finais deste mes. Foi presentada pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; Vidal Martínez-Sierra, directivo da asociación Patrimonio Laurentino; e Miguel Freire, membro da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica e un dos autores da exposición.
A alcaldesa destacou que Lourenzá conta con esta mostra “grazas á colaboración da asociación Patrimonio Laurentino, que fixo os trámites para que esta exposición puidese estar aquí” e anunciou: “estamos organizando para o mes de xullo unha charla na que se falará polo miúdo desta mostra”.
Rocío López explica que a exposición “consta de máis de 40 paneis nos que expón unha...
leer másA parroquia de San Adriano, no concello de Lourenzá, celebrará a súa romaría este domingo, 16 de año.
As actividades empezarán ás 09:00 horas con misa, ás 10:00 horas haberá rogación e actuarán os Gaiteiros de Tovar. Ás 13:30 horas celebrarase outra misa e a continuación terá lugar a sesión vermú amenizada polo grupo M3, que actuará xunto ao dúo Belinda na verbena, que empezará despois da misa das 19:30 horas.
O mércores 5 de xuño, a partir das 11 horas, terá lugar o encontro Novas Ruralidades. Empezará na Biblioteca Maravilhas, que está na parroquia de Arroxo (Lourenzá), no marco das xornadas de accións para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario. Participarán Carmen Molejón Quintana, activista e dinamizadora social; Fátima Mayorga Olmos, logopeda; e Rosa Espiñeira Pan.
O xantar será na Casa da Penela, de Vilamor (Mondoñedo), onde acontecerá o resto da xornada. Pola tarde contarán coa participación de Thais Rivera López (Casa Niño Ourol) e María Ferreiro Santos (responsable da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego).
As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do teléfono 606.398.305.
As Escolas Deportivas Lourenzá organizan, co patrocinio do Concello de Lourenzá e a colaboración da Federación Galega de Atletismo, a sétima edición da Milla Popular Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte, que terá lugar este sábado, 1 de xuño de 2024, a partir das 16:30 horas, na Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá. Foi presentada cun acto presidido pola alcaldesa laurentina, Rocío López García.
Este evento deportivo contará paralelamente coa celebración do XV Campionato Xunta de Galicia de Milla e 1 quilómetro en ruta.
As festas de Canedo, no concello de Lourenzá, celebraranse deste este venres 17 de maio ata o domingo 19.
Empezarán as actividades o venres a partir das 21:00 horas con pulpada e churrascada. E despois haberá verbena coa orquestra Los Players e o grupo Origen.
O sábado celebrarase misa solemne ás 13:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Acordes, que tamén actuará na verbena xunto a Fania Blanco Show.
E o domingo haberá misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Fania Blanco Show.
A organización dos festexos destaca que dispoñen de carpa e amplos aparcamentos.
A asociación Terras de Lourenzá organiza un fin de semana de rutas de sendeirismo do xoves 16 ao domingo 19 de maio, pola montaña palentina, en Cervera de Pisuerga. Farán tres rutas (venres, sábado e domingo), de diferente distancia e dificultade.
A saída será o xoves ás 16:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 13 de maio, chamando ao teléfono 647.06.70. 54 (Javier). O prezo é de 230 euros para os socios do colectivo organizador e de 280 euros para os que non o son. As prazas son limitadas.