Lourenzá
A Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá alberga unha mostra sobre os campos de concentración nazis, que pode visitarse de luns a venres en horario de cinco a sete da tarde ata finais deste mes. Foi presentada pola alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; Vidal Martínez-Sierra, directivo da asociación Patrimonio Laurentino; e Miguel Freire, membro da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica e un dos autores da exposición.
A alcaldesa destacou que Lourenzá conta con esta mostra “grazas á colaboración da asociación Patrimonio Laurentino, que fixo os trámites para que esta exposición puidese estar aquí” e anunciou: “estamos organizando para o mes de xullo unha charla na que se falará polo miúdo desta mostra”.
Rocío López explica que a exposición “consta de máis de 40 paneis nos que expón unha...
leer másA parroquia de San Adriano, no concello de Lourenzá, celebrará a súa romaría este domingo, 16 de año.
As actividades empezarán ás 09:00 horas con misa, ás 10:00 horas haberá rogación e actuarán os Gaiteiros de Tovar. Ás 13:30 horas celebrarase outra misa e a continuación terá lugar a sesión vermú amenizada polo grupo M3, que actuará xunto ao dúo Belinda na verbena, que empezará despois da misa das 19:30 horas.
O mércores 5 de xuño, a partir das 11 horas, terá lugar o encontro Novas Ruralidades. Empezará na Biblioteca Maravilhas, que está na parroquia de Arroxo (Lourenzá), no marco das xornadas de accións para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario. Participarán Carmen Molejón Quintana, activista e dinamizadora social; Fátima Mayorga Olmos, logopeda; e Rosa Espiñeira Pan.
O xantar será na Casa da Penela, de Vilamor (Mondoñedo), onde acontecerá o resto da xornada. Pola tarde contarán coa participación de Thais Rivera López (Casa Niño Ourol) e María Ferreiro Santos (responsable da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego).
As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do teléfono 606.398.305.
As Escolas Deportivas Lourenzá organizan, co patrocinio do Concello de Lourenzá e a colaboración da Federación Galega de Atletismo, a sétima edición da Milla Popular Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte, que terá lugar este sábado, 1 de xuño de 2024, a partir das 16:30 horas, na Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá. Foi presentada cun acto presidido pola alcaldesa laurentina, Rocío López García.
Este evento deportivo contará paralelamente coa celebración do XV Campionato Xunta de Galicia de Milla e 1 quilómetro en ruta.
As festas de Canedo, no concello de Lourenzá, celebraranse deste este venres 17 de maio ata o domingo 19.
Empezarán as actividades o venres a partir das 21:00 horas con pulpada e churrascada. E despois haberá verbena coa orquestra Los Players e o grupo Origen.
O sábado celebrarase misa solemne ás 13:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú amenizada pola orquestra Acordes, que tamén actuará na verbena xunto a Fania Blanco Show.
E o domingo haberá misa solemne ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Fania Blanco Show.
A organización dos festexos destaca que dispoñen de carpa e amplos aparcamentos.
A asociación Terras de Lourenzá organiza un fin de semana de rutas de sendeirismo do xoves 16 ao domingo 19 de maio, pola montaña palentina, en Cervera de Pisuerga. Farán tres rutas (venres, sábado e domingo), de diferente distancia e dificultade.
A saída será o xoves ás 16:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 13 de maio, chamando ao teléfono 647.06.70. 54 (Javier). O prezo é de 230 euros para os socios do colectivo organizador e de 280 euros para os que non o son. As prazas son limitadas.
Vilanova de Lourenzá albergará unhas xornadas sobre sociedade, economía e cultura maragatas os días 3 e 4 de maio. É a primeira edición deste evento que se celebrará en Maragata Casa, que está na avenida de Mondoñedo, número 18.
As actividades desenvolveranse o venres 3 de maio a partir das 19:00 horas e o sábado 4 de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas. Inclúen a proxección dun vídeo, catro relatorios e unha ruta por Vilanova de Lourenzá.
O pavillón polideportivo municipal de Lourenzá acollerá o II Preparatorio ao Campionato Provincial de Patinaxe Artística este domingo, 28 de abril, a partir das 16:30 horas.
Ademais das Escolas Deportivas Lourenzá participarán neste evento deportivo as escolas deportivas municipais de Barreiros e Chantada, AEHDE O Carballiño e ACD Xove.
As Escolas Deportivas Lourenzá anuncian que participarán “máis de 150 patinadores, voando cara o podio do campionato provincial”.
Despois de varios anos sen celebrarse Oural e Ferreira, no municipio de Lourenzá, recuperan as súas festas na honra a San Xosé. Serán do 10 ao 12 de maio.
As actividades empezarán o venres 10 ás 21:30 horas cunha cea baile, que estará amenizada polo dúo Belinda e o DJ Billy.
O sábado 11 haberá misa solemne ás 13:30 horas e despois procesión e sesión vermú co dúo Ángel América e co DJ Pérez.
E as festas rematarán o domingo 12, día no que se celebrará misa solemne ás 13:45 horas e a continuación procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Matices.
O sábado 27 de abril a partir das 21:30 horas celebrarase en San Adriano (Lourenzá) unha cea baile que estará amenizada pola orquestra Magos e DJ Billy.
As persoas interesadas en participar poden recoller as tarxetas ata o día 23 de abril nos seguintes establecementos: Xiraldo, Gayoso, Baos, Pipote, Galaxia, Aturuxo, Morrigan ou Torreón.
Este evento, que terá lugar na Nave de Seco, está organizado pola comisión de festas de Santa Filomena 2024.