Mondoñedo

Etiquetas:
10/03/2025

Mondoñedo celebrará a Comida da Igualdade este sábado, día 15 de marzo, ás 14:00 horas en Finca San Antonio.

É un encontro lúdico de mulleres e homes no que compartir un espazo de igualdade. Haberá sorteo de agasallos e animación musical.

As inscricións e recollida de tarxetas poden facerse nas oficinas de Centro de Información ás Mulleres (CIM) ou no departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo. O prazo para anotarse remata este mércores, 12 de marzo.

05/03/2025

A Federación Galega de Espeleoloxía organiza actividades en Mondoñedo polo Día da Muller este sábado, día 8 de marzo. Unha delas é a presentación do documental titulado Espeleoloxía: substantivo feminino. Será na Casa da Xuventude ás 18:30 horas. A continuación haberá unha mesa redonda sobre o papel da muller no deporte.

Ademais nesa xornada haberá visitas á Cova do Rei Cintolo para persoas non federadas e visita ao Bucle Circular Viana-Niphargus para federad@s.

28/02/2025

O panel da exposición titulada A Historia de Mondoñedo leva nome de muller será presentado o día 7 de marzo, venres, durante os actos organizados polo Concello mindoniense para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. Será ás 12:00 horas na Praza do Concello.

E ás 12:15 horas terá lugar a lectura da declaración Mondoñedo en Igualdade.

Ademais o Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Mondoñedo ten en marcha o concurso Debuxando en Igualdade, para o cal o prazo de presentación dos traballos está aberto ata o 7 de marzo.

21/02/2025

A Editorial Galaxia recibirá en Mondoñedo a distinción de entidade Cunqueiriana de Honra de 2025 o día 28 de febreiro, venres.

O Concello de Mondoñedo anuncia que “o venres 28, coincidindo co cuadraxésimo cuarto cabodano de Álvaro Cunqueiro, faráselle entrega da distinción de entidade Cunqueiriana de Honra de 2025 á Editorial Galaxia, editora da maior parte das obras de Álvaro Cunqueiro, tales como Merlín e Familia, As crónicas do sochantre, O incerto señor don Hamlet, Príncipe de Dinamarca ou Os Outros Feirantes, entre outras. Será en Mondoñedo, no marco dos actos conmemorativos da efeméride do escritor”.

Os actos de conmemoración do cabodano de Cunqueiro comezarán ás 11:00 horas no Cemiterio Vello, onde terá lugar a Ofrenda Floral diante da tumba do autor. “Está previsto que asistan á mesma...

leer más
Etiquetas:
21/02/2025

O Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo organiza actividades de Entroido para os días 28 de febreiro, 4 e 8 de marzo.

O venres 28 de febreiro ás 22:30 horas celebrarase a cea baile de Comadres. Consistirá en cocido e a música correrá a cargo de Eventec.

O martes de Entroido, 4 de marzo, haberá festa infantil con entrada libre de balde.

E o día 8 de marzo, sábado, ás 22:30 horas será a cea baile de Piñata, con cocido, música de Eventec e premios para as mellores mascaritas.

Etiquetas:
19/02/2025

O Concello de Mondoñedo, coa colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía, pon novamente en marcha a campaña de visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo na campaña 2025. No presente ano comezan o día 1 de marzo, sendo visitas de fin de semana: venres, sábados e domingos, ofrecendo un grupo pola mañá (11 horas) e outro pola tarde (16 horas); ampliándose esta oferta durante a Semana Santa, na que se ofrecen visitas todos os días.

A partir do mes de abril as visitas serán en fins de semana e festivos ata o verán, no que xa serán todos os días da semana e engadirase un grupo máis na oferta, o das 18:30 horas.

As visitas turísticas lévanse a cabo na galería central da cova sobre un percorrido de 300 metros, que supón unha visita dentro da cavidade de 1 hora e 15minutos aproximadamente. Pídese para poder facer as...

leer más
Etiquetas:
16/02/2025

O desfile de Entroido de Mondoñedo celebrarase o Sábado de Piñata, día 8 de marzo, e repartiranse 5.000 euros en premios.

O desfile sairá do Campo dos Paxariños, ás 17:30 horas, e percorrerá a avenida San Lucas e as rúas Bispo Sarmiento, Andrés Baamonde e Progreso para finalizar na Praza da Catedral.

Os participantes poderán anotarse no correo electrónico entroidomindoniense@gmail.com ou nos teléfonos 982.52.40.03 (inscricións) e 982.50.71.77 (información). O prazo máximo para inscribirse será ata as 23:59 horas do venres 7 de marzo.

Os dorsais deberán ser recollidos entre as 16 e 17 horas do sábado, no edificio municipal do Campo dos Paxariños (antiga oficina de Emprego) e serán adheridos ao disfrace nun lugar visible. Ás 17 horas os...

leer más
Etiquetas:
06/02/2025

O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ofrece clases de baile para todas as idades. Serán os mércores de 16:30 a 18:00 horas.

“Abrimos listas de persoas interesadas en facer grupo de baile. Podedes apuntarvos no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ou chamando aos teléfonos 982.82.83.89 ou 982.82.83.91. Aberto a toda a poboación”, anuncian.

04/02/2025

O Concello de Mondoñedo anuncia que o venres 28 de febreiro representantes da Editorial Galaxia recibirán a distinción á entidade como Cunqueiriana de Honra deste 2025. Será no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo ás 12:00 horas e a laudatio da entidade distinguida correrá a cargo de César Cunqueiro. Deste xeito a Editorial Galaxia converterase na novena proposta homenaxeada dende que se instituíu este galardón.

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro promoven a distinción de Cunqueiriano de Honra co fin de recoñecer o labor daqueles persoeiros ou entidades que se teñen significado na visibilización e proxección da figura do escritor mindoniense. Neste 2025 unha comisión designada ao efecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro, organizadores do evento, quixo recoñecer con esta distinción o vencello...

leer más
Etiquetas:
31/01/2025

O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo organiza talleres de memoria, que comezarán o día 11 de febreiro. Están destinados a maiores de 60 anos de idade e desenvolveranse os martes e xoves de 16:00 a 18:00 horas.

A inscrición é gratuíta ata cubrir as prazas. E as persoas interesadas poden apuntarse no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ou chamando aos teléfonos 982.82.83.91 ou 982.82.83.89.