Mondoñedo

30/12/2024

Mondoñedo acollerá un Escape Room sobre o escritor Álvaro Cunqueiro este domingo, día 5 de xaneiro, a partir das 16:00 horas. Será na Casa Museo Álvaro Cunqueiro con entrada de balde.

Esta actividade está organizada pola Asociación Xuvenil Xoldra, que anuncia: “sumérxete no universo literario do gran autor mindoniense e pon a proba as túas habilidades resolvendo enigmas inspirados nas súas obras e na súa cidade natal. Inscribe o teu grupo de 3 a 6 participantes enviándonos unha mensaxe directa ou un correo a xuvenilxoldra@gmail.com. Premio ao grupo máis veloz”.

29/12/2024

Mondoñedo celebrará o fin de ano con dous eventos que se celebrarán na Praza da Catedral o día 31 de decembro, martes.

O primeiro serán as Campanadas Infantiles, que están programadas para as 11:30 horas e a organización anuncia que haberá “reparto de gomiuvas, cotillón y mucha música y diversión”.

E desde as 23:45 horas haberá un acto para comer as uvas e despois fogos de artificio co novo ano.

Etiquetas:
20/12/2024

O Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo organiza unha festa pre fin de ano para o día 27 de decembro, venres. Estará amenizada coa música do grupo Los lunes al sol.

A entrada, que inclúe barra libre, ten un prezo de 15 euros para os socios do colectivo organizador do evento e de 25 euros para as persoas que non o son.

18/12/2024

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá un concerto de Nadal este xoves, día 19 de decembro, no auditorio Pascual Veiga. Será ás 20:30 horas.

Etiquetas:
16/12/2024

O Sindicato Labrego Galego organiza un xantar conmemorativo do seu 50 aniversario en Mondoñedo este mércores, 18 de decembro

´”O ano pasado celebramos o cincuenta aniversario do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas. Realizamos diversos xantares conmemorativos nalgúns territorios da Galiza e este ano continuamos. O vindeiro mércores, 18 de decembro, xuntarémonos na Casa da Penela (Mondoñedo), onde xantaremos ás 14 horas. Se queredes vir festexar con nós inscribídevos nos contactos 606.398.305 ou no 698.159.667”, anuncia o SLG.

Etiquetas:
10/12/2024

O Mondoñedo Fútbol Club organiza un campus de Nadal desde o día 2 ata o 4 de xaneiro para nenos e nenas de 6 a 16 anos. Será nas instalacións deportivas de Viñas da Veiga (Mondoñedo).

As actividades desenvolveranse os días 2 e 3 de xaneiro de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 18:30horas e o 4 de xaneiro de 10:30 a 13:30 horas. O prazo de inscrición está aberto ata o 22 de decembro e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

A participación é gratuíta para os pícaros e pícaras inscritos nas categorías inferiores do Mondoñedo FC e o prezo é de 10 euros para o resto dos inscritos, cantidade que se aboará nas instalacións o primeiro día da actividade.

 

09/12/2024

Mondoñedo acollerá o día 21 de decembro, sábado, a sétima edición da Papanoelada Moteira que organiza o colectivo local Motoclub Ruta N-634. Será ás 16:00 horas na Praza da Catedral e haberá chocolate e madalenas gratis ata esgotar existencias, ademais de sorteos de agasallos e colchonetas.   

“Un ano máis (e cada ano con máis motos) o Motoclube de Mondoñedo trae a Papanoelada Moteira. Xa sabedes, o 21 de Decembro Papá Noel chega a Mondoñedo motorizado”, anuncia a organización.

07/12/2024

A programación cultural de Nadal do Concello de Mondoñedo inclúe actividades diversas ata o día 5 de xaneiro.

Este domingo, día 8 de decembro, ás 12:00 horas haberá o espectáculo infantil Blippi y sus amigos, tributo musical no auditorio municipal.

O 15 de decembro ás 19:00 horas celebrarase na Catedral o evento musical II Panxoliñas no Camiño, coa Coral Polifónica de Ribadeo e a Coral da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia de Lugo.

O xoves 19 decembro ás 12:00 horas haberá Ofrenda floral a Pascual Veiga e interpretación do Himno de Galicia polo seu 117 aniversario co alumnado dos CEIP Álvaro Cunqueiro, Escola Municipal de Música O Pallarego, CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso e CEIP As Forcades, de Corme. Será no panteón de Pascual Veiga, no cemiterio vello. E...

leer más
03/12/2024

Este sábado, día 7 de decembro, ás 12 do mediodía, o escritor Lionel Rexes presentará en Mondoñedo a súa terceira novela, Nove lúas, galardoada co Premio Neira Vilas o pasado ano. O acto terá lugar na Casa da Penela, estabelecemento de turismo rural da parroquia de Vilamor.

O autor estará acompañado polo profesor Bernardo Penabade e o activista pola Memoria Histórica Xosé Luís Fernández Rivera.

Esta novela, publicada por Edicións Embora no verán, nace da recollida de datos do autor alfocés sobre dúas históricas construcións do barrio de Correlos, lugar da parroquia de Mor no que reside. Alí se conserva un antigo calabozo de presas políticas, onde sufriron presidio a muller e as fillas do mítico guerrilleiro Gardarríos, e tamén unha báscula de feira, instalación onde se pesaban as reses antes das...

leer más
01/12/2024

A asociación mindoniense Sendeiriña organiza o II Concerto de Nadal Panxoliñas no Camiño o domingo 15 de decembro ás 19:00 horas na Catedral de Mondoñedo.

“Tras o éxito da Primeira Edición do Concerto de Nadal Panxoliñas no Camiño en 2023, temos o pracer de anunciar a segunda edición deste evento tan especial, organizado pola Asociación Sendeiriña en colaboración coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol. Contaremos coa participación da Coral Polifónica de Ribadeo e da Coral da Asociación Amigos del Camino de Santiago de la provincia de Lugo, que nos deleitarán cun repertorio de fermosas panxoliñas para celebrar estas datas tan sinaladas. Unha ocasión perfecta para gozar da música coral nun escenario único e máxico. Non volo perdades”, anuncia a asociación Sendeiriña, de Mondoñedo.