FalaRedes
A Casa da Cultura de Burela acollerá o espectáculo titulado Os Bolechas tocan nunha grande orquestra. Será este sábado, día 16 de novembro, ás 18:30 horas.
É unha actividade organizada polo Concello de Burela e incluída no programa de dinamización lingüística falaRedes.
A Biblioteca Municipal de Foz organiza, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, un concerto de fado en galego para este sábado, 15 de novembro, a cargo dos músicos Gonçalo Guerreiro e Dani Pais. O acto terá lugar ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz baixo o título Os sons do vento que pasa. Está dirixido a público de tódalas idades e, coma noutros actos anteriores organizados a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes, a entrada será libre e de balde ata completar aforo.
Con esta proposta da Biblioteca Municipal de Foz, o público en xeral poderá gozar da música en galego a través dun coidado...
leer más