Asorey

Etiquetas:
25/08/2024

A exposición ao aire libre titulada “Os vieiros de Asorey” pode visitarse en Foz. Estará na praza do parque Martínez Otero ata o día 18 de setembro, como un dos actos programados para esta edición do Día das Artes Galegas 2024, que homenaxea ao escultor Francisco Asorey.

Está composta por catro módulos e comisariada polo académico e fotógrafo Xurxo Lobato con textos do tamén académico Felipe Senén López Gómez, e organizada pola Academia coa colaboración do Concello de Foz e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.