Mondoñedo

21/06/2024

As asociacións Barrio dos Muíños e O Pasatempo, de Mondoñedo, organizan a festa do San Xoán, que se celebrará nesa zona mindoniense este domingo, 23 de xuño.

As actividades empezarán ás 14 horas cunha sesión vermú, ás 15:00 horas comezará un xantar popular, desde as 17 horas haberá colchonetas e ás 18 horas terá lugar unha “sesión bailoteo”. A música correrá a cargo do solista José Anido.

Ás 21:00 horas farase a Queima do Folión e rematará a festa con máis música.

20/06/2024

Mondoñedo acollerá unha xuntanza de vehículos clásicos este sábado, 22 de xuño. É a décima edición deste evento organizado pola asociación Clásicos Mindoniense.

As actividades empezarán ás 10:00 horas coa recepción e inscrición dos vehículos, entrega de tickets para a comida e sorteo de regalos. Ás doce do mediodía comezarán unha ruta e ás 15:00 horas será a comida e ao rematar o xantar farase entrega de premios e sorteo de agasallos. E ás 20:00 horas os participantes degustarán pinchos.

15/06/2024

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, celebrará o Día Europeo da Música o mércores 19 de xuño e dará un concerto de fin de curso ao día seguinte, o xoves 20.

A conmemoración do Día Europeo da Música será o mércores ás 12:20 horas na Praza do Concello e contará coa participación do centro escolar mindoniense CEIP Álvaro Cunqueiro Mora.

E concerto de fin de curso será o xoves 20 de xuño ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga. Participará o alumnado da Escola de Música e o do obradoiro infantil.

Etiquetas:
12/06/2024

O lugar do Valiño, na parroquia mindoniense dos Remedios, celebrará a súa festa na honra a San Antonio de Padua este sábado, 15 de xuño.

As actividades empezarán ás 12 do mediodía con misa e despois haberá procesión e sesión vermú, co dúo Crazy, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo Fusión Latina.

 

Etiquetas:
12/06/2024

O CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro Mora, de Mondoñedo, organiza a primeira xornada de portas abertas e feira da ciencia para familias. Será este venres, 14 de xuño, de 16:00 a 17:30 horas  na biblioteca do centro.

“Únete a nós o venres 14 de xuño na biblioteca do centro para unha tarde emocionante de ciencia, experimentos e diversión para toda a familia. Tamén poderás disfrutar e coñecer os traballos que os nosos alumnos realizaron ao longo do curso na biblioteca escolar Bibliomerliño. Descubre o fascinante mundo da ciencia!”, anuncia a organización deste evento.

 

05/06/2024

Para este xoves, día 6 de xuño, ás 16:00 horas está programada unha visita guiada ás escavacións arqueolóxicas que se están realizando no lugar de Combarro, que pertence á parroquia mindoniense de San Vicente de Trigás.

Estes traballos lévanos a cabo investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e a empresa Tempos Arqueólogos. A intervención, que permitirá o afondamento na época sueva, está dirixida pola investigadora posdoutoral Celtia Rodríguez González, pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), do que tamén forma parte a USC. Contan coa colaboración do Concello de Mondoñedo, a través do asesoramento do arqueólogo Abel Vigo, así como da especialista en arqueobotánica Leonor Peña Chocarro, do CSIC de Madrid. 

30/05/2024

O mércores 5 de xuño, a partir das 11 horas, terá lugar o encontro Novas Ruralidades. Empezará na Biblioteca Maravilhas, que está na parroquia de Arroxo (Lourenzá), no marco das xornadas de accións para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario. Participarán Carmen Molejón Quintana, activista e dinamizadora social; Fátima Mayorga Olmos, logopeda; e Rosa Espiñeira Pan.

O xantar será na Casa da Penela, de Vilamor (Mondoñedo), onde acontecerá o resto da xornada. Pola tarde contarán coa participación de Thais Rivera López (Casa Niño Ourol) e María Ferreiro Santos (responsable da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego).

As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do teléfono 606.398.305.

25/05/2024

Mondoñedo acollerá desde o xoves 30 de maio ata o sábado 1 de xuño unhas xornadas tituladas “Os Camiños de Santiago en Galicia. O seu coñecemento e divulgación”. Están organizadas pola Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (FEGAC).

As actividades comezarán o xoves 30 ás 20:00 horas no auditorio municipal Pascual Veiga cun saúda institucional. A continuación terá lugar a proxección do documental “Elías Valiña, o inventor das frechas amarelas”, de Aser Álvarez, e despois haberá un coloquio. E para as 21:00 horas está programado un concerto da Banda de Música Pascual Veiga, de Mondoñedo.

O venres 31 haberá un roteiro pola variante marítima do Camiño Norte de Santiago, que sairá da Alameda dos Remedios, de Mondoñedo, ás 09:30 horas.

E o sábado 1 de xuño as...

leer más
23/05/2024

O curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela titulado “III Encontro Álvaro Cunqueiro: Cunqueiro aquí e acolá”, que se celebrará en Mondoñedo os día 6 e 7 de xullo, xa ten aberto o prazo de matrícula, que rematará o 21 de xuño. Neste evento colabora o Concello mindoniense e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro.

O Concello de Mondoñedo destaca que “a nova edición do curso, baixo a dirección de Armando Requeixo e que se celebrará en Mondoñedo o 6 e 7 de xullo do 2024, contará coa presenza de grandes estudosos do mundo de Cunqueiro que nos achegarán diversos aspectos da súa obra continuando a liña xa amosada nas dúas edicións previas. Neste momento está aberto o prazo de matrícula, que se pode realizar tanto no Campus de Santiago como no de Lugo. O prazo estenderase ata o 21 de xuño”.

As persoas interesadas...

leer más
Etiquetas:
22/05/2024

A parroquia de Oirán, no concello de Mondoñedo, celebrará as súas festas na honra da Virxe dos Milagros esta fin de semana, o venres 24 e o sábado 25 de maio.

O venres haberá misa solemne ás 13:00 horas e despois procesión e sesión vermú, amenizada polo grupo Montreal, que tamén actuará na verbena, nese caso con Sandra.

E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e a continuación procesión e sesión vermú, amenizada pola orquestra D´Noche e o dúo Estrellas.