Mondoñedo

30/10/2024

En Mondoñedo celebrarase un magosto tradicional o día 9 de novembro, sábado. Será na Praza do Concello, pero en caso de choiva trasladarase aos soportais da catedral. Haberá castañas, viño e chocolate.

As actividades comezarán ás 18 horas con Truco ou Trato de Samaín polas rúas do centro. E ás 19:30 horas empezará o magosto tradicional coa música de Os Carricantos.

Este evento está organizado polas asociacións mindonienses O Pasatempo e Xoldra.

22/10/2024

O día 5 de novembro, martes, en horario de 16:00 a 21:00 no salón de conferencias do Pazo San Tomé, de Mondoñedo, impartirase o curso de alimentación na infancia dirixido a pais/nais, futuros pais/nais, coidadores/as...ou calquera persoa interesada.

Será impartido por Noelia Goás Gómez e os contidos son: lactación materna; lactación artificial; estudio de nutrientes; nutrición do bebé durante o primeiro ano de vida; alimentación tras o primeiro ano de vida; decálogo para fomentar nos nenos/as hábitos saudables na alimentación; intolerancia e alerxia a alimentos; e sobrepeso e obesidade infantil.

A inscrición ao curso, que é gratuíto, pode realizarse nas oficinas de Servizos Sociais do Concello e no teléfono 982.52.40.03-extensión 8. As prazas son limitadas.

Etiquetas:
16/10/2024

Mondoñedo acollerá a primeira Mostra de Títeres desde o venres 18 ata o domingo 20 de outubro.

O venres ás 18:30 horas na Praza do Concello representarase A Tómbola do Cromina, a cargo do grupo galego Mircromina Teatro de Títeres. En caso de choiva trasladarase á Casa da Xuventude.

O sábado ás 18:30 horas na Casa da Xuventude a compañía Titiritainas, de Ecuador, ofrecerá a obra Diente de leche.

E o domingo ás 13:30 horas na Praza do Concello o grupo Espada de Madera, de Ecuador, representará El tío Carachos. En caso de choiva será na Casa da Xuventude.

Esta mostra está organizada por O Fantástico Taller dos Títeres, de Mondoñedo.

Etiquetas:
14/10/2024

A asociación xuvenil Xoldra, de Mondoñedo, anuncia o cartel completo da terceira edición do festival Breason, que se celebrará na Praza da Catedral mindoniense o día 9 de novembro, sábado, con entrada de balde.

Actuarán Ortiga, De Ninghures, Cool Nenas, Terbutalina, Brassica Rapa, Meniñ@s da Mariña e La Duendeneta.

Haberá acampada interior, carpa, sesión vermú, foliada, after, magosto, xogos populares e obradoiros de artesanía.

Etiquetas:
10/10/2024

Ribas de Sil, Mondoñedo, Burela e As Nogais son as vindeiras paradas do Circuíto de de Teatro Prefesional impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación que botou a andar o pasado mes de xuño e que este ano inclúe 59 representacións de 14 compañías por toda a provincia.

Axenda: do 12 ao 15 de outubro

12 de outubro. 19.00 horas. Ribas de Sil. Salón de Actos do Concello.
Teatro do Miolo. Saíndo do cerco.

Comedia. Todos os públicos

Suso é o un novo residente do centro de maiores. Pensa que por estar na última etapa da vida,  esta xa non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira de residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida. 

Autoría e dirección:...

leer más
Etiquetas:
09/10/2024

O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o IX Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo” baixo o lema “Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta”, que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2025 coas mellores fotografías de recunchos da localidade. O prazo de presentación de orixinais rematará o día 30 de novembro.

“As fotos presentaranse en soporte dixital no seguinte enderezo de correo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com. Deberase indicar no asunto “Concurso Fotografía 2024”. No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfono de contacto. Unha foto por participante. Dende o Concello queremos lembrar que debes enviar as fotos en formato jpg, tif ou bmp e cunha calidade de máis...

leer más
06/10/2024

O libro titulado "Guía micolóxica básica da provincia de Lugo", escrito por Julián Alonso Díaz, José Castro Ferreiro, María Cristina García-Echeve Puente e Antonio Rigueiro Rodríguez, será presentado en Mondoñedo o día 19 de outubro, sábado.

Este acto, que será presentado por José Ramón Reges, terá lugar no auditorio municipal Pascual Veiga ás 19:00 horas.

É unha actividade organizada pola asociación Sendeiriña coa colaboración do colectivo As San Lucas e o Concello de Mondoñedo.

Etiquetas:
27/09/2024

A Xunta de Galicia colabora coa feira das San Lucas, que se celebrará entre os días 16 e 20 de outubro en Mondoñedo. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou hoxe a localidade para participar na presentación deste evento, que organizan o Concello e a Asociación As San Lucas e que conta co recoñecemento de Feira de Interese Turístico de Galicia.

A feira máis antiga de Galicia, que cumpre a súa edición número 868, comezará co pregón de Jesús Díaz Fernández o mércores ás 20,30 horas no auditorio Pascual Veiga. Díaz, diplomado en gastronomía internacional, dietética e nutrición, é un chef de recoñecida traxectoria, un dos grandes difusores da cociña galega en Suiza e membro fundador do centro galego de Berna.

As San Lucas conservan a súa esencia e outorgan aos cabalos o seu tradicional protagonismo...

leer más
26/09/2024

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, organiza un evento con xornada de portas abertas para presentar o curso 2024-25. Será este venres, 27 de setembro, no auditorio Pascual Veiga.

As actividades comezarán ás 19:30 horas, para as 20:15 está programada a recollida de horarios e ás 20:30 horas haberá chocolatada.

25/09/2024

A asociación As San Lucas anunciou: “o pregoeiro seleccionado por esta comisión organizadora e que aceptou gustosamente honrarnos coa súa presenza o vindeiro 16 de outubro de 2024 para a celebración da 868 edición das Feiras e Festas de As San Lucas é Don Jesús Díaz Fernández (mestre, diplomado en gastronomia internacional, dietética e nutrición. Foi maître de cuisine no Palace Hotel GSTAAD). Levou a cociña de Cunqueiro ás entrañas helvéticas, demostrando o bo saber e facer da gastronomía do noso país. É un dos fundadores do Centro Galego na capital Suiza de Berna”.

“Agardámosvos para compartir a marabillosa noite do 16 de outubro co que darán comezo as Feiras e Festas de As San Lucas 2024”, rematan os organizadores dos festexos de Mondoñedo.