Receitas

Etiquetas:
13/11/2020
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense anima a participar á cidadanía no concurso posto en marcha dentro da iniciativa Cociñando A Mariña Lucense. O prazo de presentación das vídeo-receitas finaliza o próximo 22 de novembro. O ente leva a cabo este proxecto en colaboración coa FCAM e co apoio da Axencia de Turismo de Galicia. 
 
A Mancomunidade lanzou este concurso de vídeo-receitas para o público xeral o pasado 23 de outubro, despois de ter dado a coñecer o traballo dos distintos produtores existentes no territorio nas súas redes sociais durante case un mes. Ademais, a próxima semana fará pública na web a Guía de Produtores da Mariña Lucense onde figuran os 154 que quixeron participar dos 243 identificados en toda a comarca.
 
Desde o...
leer más
Etiquetas:
20/10/2020

Os días 22, 23 e 24 de novembro de 2019 celebráronse en Mondoñedo as I Xornadas Gastronómicas da Faba Verdina, organizadas polo Concello de Mondoñedo e a Asociación de Produtores de Faba Verdina de Galicia, con sede nesta cidade episcopal. A asociación foi creada en 2019 co fin de promover a faba verdina, un produto que acada nesta comarca excepcionais niveis de calidade. Un dos obxectivos das xornadas celebradas xa case hai un ano foi o de mostrar as posibilidades culinarias deste produto. Con patrocinio do Concello de Mondoñedo, elaborouse un libro de receitas, un receitario que recolle as propostas de catorce establecementos hostaleiros de Mondoñedo. Como poderán comprobar os que o lean, as preparacións e as combinacións da verdina son moi amplas, e van dende os guisos lentos de pucheiro ata os salpicóns ou as tortillas de ovos. 

...

leer más
Etiquetas:
31/10/2016
 
A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este luns no Mercado Municipal de Lugoo proxectoReceitas da Biosfera, unhapioneira iniciativa que pon en marcha o organismo provincial co obxectivo de promocionar e difundir o consumo dos produtos autóctonos. Inclúe a celebración dedous concursos de receitas de tapas e menús, elaboradas con produtos de Terras do Miño ou dos Ancares Lucenses. Están dirixidos a non profesionais, que sexan residentes dun dos 29 Concellos que integran ditos espazos naturais. Hai premios de entre 50 e ata 500 euros. Os dous mellores pratos formarán parte dunha publicación nacional. Os interesados poden presentar as súas receitas dende hoxe e ata o 18 de novembro. 
 
Os concursos, un de...
leer más