Mondoñedo

Etiquetas:
05/09/2024

O vindeiro 14 de setembro ás 20:00 horas Mondoñedo acollerá a Xuntanza de Cantos de Taberna.

Esta celebración, que xa vai pola súa décimo segunda edición, reunirá a agrupacións nun percorrido polas tabernas e bares da cidade, enchendo as rúas de música.

Aqueles interesados en participar poden inscribirse chamando ao número 605 582 624

O evento está organizado pola asociación Gaita Escola, que conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a asociación O Pasatempo. 

 

04/09/2024

A comisión de festas da Virxe dos Remedios e o cura párroco do Santuario, Pedro Díaz, presentaron a programación das festas patronais que se desenvolverán o sábado 14, domingo 15 e luns 16 de setembro, festivo local.

O sábado o parque da alameda será o escenario da actuación do Dúo Zafiro e pola noite tocará a orquestra Magma, considerada unha das mellores de Portugal e que actuará por primeira vez nesta comarca. Esa mesma xornada está previsto o evento DJs no Camiño, co patrocinio de Radio Líder e da Xunta de Galicia, así como tamén a XII edición de Cantos de Taberna.

O domingo é o día principal, coa ofrenda presentada este ano polo alcalde de Ortigueira, á que seguirá a tradicional procesión coa imaxe da virxe acompañada pola Banda de Gaitas de Ladrido. A orquestra Pontevedra, así como a comparsa XX, serán as...

leer más
02/09/2024

Mondoñedo celebrará un Entroido de Verán este sábado, día 7 de setembro, desde ás 18:00 horas.

Será na Praza do Concello e haberá animación musical e premios para os mellores disfraces.

Etiquetas:
01/09/2024

Viloalle, en Mondoñedo, celebrará as súas grandes festas os días 7 e 8 de setembro.

O sábado, 7 de setembro, os actos comezarán cunha misa solemne á unha da tarde, seguida da tradicional procesión. A xornada continuará coa sesión vermú, amenizada polo Dúo Son de Festa. Pola noite, a verbena contará coa actuación do Dúo Son de Festa e o Dúo Maracuya, garantindo diversión para todos os asistentes.

O domingo, 8 de setembro, repetirase o esquema festivo con outra misa solemne á unha da tarde, seguida de procesión. A festa continuará coa sesión vermú e verbena a cargo do Dúo Belinda.

 

Etiquetas:
31/08/2024

O evento Mondoñedo Máxico, que se celebrará na cidade episcopal do xoves 5 ao sábado 7 de setembro, contará coa participación de seis magos: Meiga Belmonte, Ninou, Deimi, Le Grand Marten, Aris e Jose Rivera.

Os tres días durante a tarde noite haberá roteiros de maxia pola hostalería local. O sábado pola mañá haberá maxia solidaria na Residencia San Rafael, no Hospital San Pablo e na Fundación Dignidade. E ese mesmo día ás 19:00 horas terá lugar na Praza do Concello unha gala de maxia.

30/08/2024

O vindeiro xoves, 5 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro "Un Camino de Cine Xacobeo", escrito pola xornalista Pilar Falcón Osorio. Será no Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo. 

Este evento contará coa intervención de Luis Fernández, presidente da FEGAC, Fernando García, bispo de Mondoñedo, Manuel A. Otero, alcalde de Mondoñedo, e a propia autora, Pilar Falcón. 

A presentación está organizada polo Seminario Conciliar Santa Catalina e polo Concello de Mondoñedo.

 

Etiquetas:
29/08/2024

Grove, en Mondoñedo, acollerá o 21 de setembro a festa na honra da Virxe de Guadalupe.

A celebración comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne, seguida dun vermú a partir das 14:15 horas, amenizado polo Dúo EPO-K. A animación musical continuará durante a sobremesa e na noite coa actuación do Dúo Musical BPO-K e o Dúo EPO-K.

Os asistentes poderán gozar dun xantar popular baixo carpa, servido por Chao de Brea, cun menú que inclúe empanada con cecina, lagostinos, costela asada con patacas, postre (milfollas e tarta xeada), café, chupito e viños (Rioja crianza e Albariño). O prezo do menú é de 40 euros, e as reservas poderán realizarse ata o 19 de setembro chamando aos números de teléfono 606 502 722 ou 686 991 050.

A xornada estará cargada de animación musical, con Dúo EPO-K e Puzzle,...

leer más
Etiquetas:
18/08/2024

Mondoñedo celebra un Entroido de Verán o día 24 de agosto, sábado, a partir das 18:00 horas.

Será na Praza do Concello e haberá animación musical e premios para os mellores disfraces.

12/08/2024

La Coral Polifónica A Magdalena, de Ferrol, y el coro Capella Sine Vinculis, de Países Bajos, ofrecerán sendos conciertos en la Catedral de Mondoñedo los días 14 y 15 de agosto, miércoles y jueves, respectivamente.

La Diócesis Mondoñedo-Ferrol, anuncia que “el próximo 14 de agosto a partir de las 19:00 horas tendrán lugar las vísperas y eucaristía con motivo de la fiesta de la Asunción de Nuestra Señora. Durante las mismas intervendrá la Coral Polifónica A Magdalena, de Ferrol, y concluirá con un pequeño concierto, bajo la dirección de Patricia Rodríguez, en el que intervendrá el barítono Samuel González y el organista titular catedralicio, Carlos Fernández Bollo. Y el día 15 de agosto a las 12:00 horas tendrá lugar la eucaristía solemne de la fiesta de la Asunción de Nuestra Señora, patrona de la catedral, presidida por el obispo Fernando...

leer más
29/07/2024

A Peña Barcelonista de Mondoñedo anuncia: “este ano aparte de celebrar a nosa tradicional Cea de Fin de Tempada (aberta para tod@s os que queirades participar) tocounos organizar a II Xuntanza de Peñas Barcelonistas da Mariña e Occidente de Asturias. O evento celebrarase na Finca San Antonio, de Mondoñedo”. Será este sábado, 3 de agosto, ás 21:30 horas.

O evento estará amenizado por un DJ e haberá sorteos de agasallos.