Xove
29/09/2015
Un ano máis, e antes de comezar a XXVII Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas xornadas destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO.
Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contando coa colaboración do IES Illa de Sarón. Polas mesmas van pasar tódolos alumnos/as do IES, e nelas vánselles explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, así mesmo, a oportunidade de xogar.
As xornadas teñen, polo tanto, unha dobre vertente, con explicacións teóricas a cargo do técnico de Cultura, Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do xogador Modesto Albo, o máis veterano do Concello, de 86...
leer más 23/09/2015
Este domingo, 27 de setembro, a ACD.Xove xunto ao Concello de Xove organizan o Día da Bici Xove-2015.
O punto de inicio é o centro cívico ás 16:30 horas. As actividades do día inclúen unha ruta cicloturista por Xove, Regosanguento e Ponte do Carro en A Rigueira, ao longo de 13 quilómetros. Haberá actividades infantís, como globoflexia e pintura de caras e unha exhibición dun equipo de BMX. O participante máis veterano e máis novo, así como a bicicleta máis orixinal serán premiados. Haberá tamén o sorteo dunha bicicleta e material deportivo, agasallos e merenda. O uso do casco é obrigatorio. A inscrición está aberta ata 15 minutos antes do inicio da ruta.
Colaboran con esta actividade...
leer más 18/09/2015
Ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove, para a vindeira temporada 2015-2016.
A data tope de inscrición será o 26 de setembro e o 3 de outubro será a presentación no salón de actos do Concello de Xove. As actividades darán comezo o 5 de outubro.
A Asociación Cultural-Deportiva ACD Xove, presenta as seguintes Escolas Deportivas e Culturais.
1.Xogos Predeportivos (nenos-as de 3-4 anos)
2.Patinaxe Artística ( de 5 ata 16 anos)
3.Fútbol Sala (de 5 ata 16 anos)
4.Fútbol 8 (de 7 a 12 anos)
5....
leer más 11/09/2015
O 3 de outubro vaise celebrar no en Xove a VI edición do Encontro de Palilleiras.
A Concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, continúa coa inscrición de palilleiras. As interesadas en participar aínda pode anotarse ata o 18 de setembro. A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982 59 20 01, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679 89 42 19 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982 59 26 86.
10/09/2015
O grupo de sendeirismo da ACD Xove desprazarase o 20 de setembro ao municipio de Ribas do Sil (Lugo) para facer a ruta de A Cubela, segundo os organizadores “unha das máis bonitas que se pode facer na Ribeira Sacra”. O percorrido, de 14 quilómetros, atravesa antigas minas romanas de ouro, aldeas restauradas, viñedos, soutos, castros, igrexas románicas e mosteiros. Tamén verán os participantes o espectacular meandro de 180º do río Sil na Cubela, así como San Clodio, a capital do concello de Ribas do Sil.
A dificultade é media-baixa e a saída en autobús será dende o Centro Cívico de Xove ás 7:45 horas da mañá. O prezo para socios non federados será de 12 euros, para socios con seguro deportivo, 14 euros, para non socios federados, 15 euros, e para non socios con seguro...
leer más 10/09/2015
A asociación Saíñas de Xove organiza para o próximo sábado, 12 de setembro, a undécima edición da Foliada da Mariña, un evento que se celebrará nunha carpa diante do Centro Cívico dende ás 18:30 horas. A esa hora comezará o espectáculo con pasarrúas, para continuar, sobre as 21 horas, cunha cea popular con churrasco, tortilla, chourizo, bebida e pan. A Foliada chegará ás 23 horas.
A venda anticipada de tíckets realizarase en Peluquería Rosa, Estética Marta e Click Informática a un prezo de 7,5 euros. O prezo do tícket no lugar da Foliada venderase a 9 euros.
Organiza o evento a asociación Saíñas coa colaboración do Concello de Xove e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
08/09/2015
A vindeira fin de semana vaise celebrar, no Campo Municipal de Bolos de Sumoas, en Xove, o Campionato España Feminino de Bolos Celtas 2015, no que participarán 28 xogadoras procedentes de diversos puntos de todo o país, como Galicia, Madrid ou Asturias, comunidades onde se practica este xogo tradicional. Comezará ás 12 horas do sábado e rematará o domingo pola tarde. O sábado vai desenvolverse o campionato individual e na última xornada, o domingo 13, o campionato por parellas. Está organizado polo Club de Bolos de Xove e a Federación Galega de Bolos, co patrocinio da Concellería de Deportes de Xove.
Xove é un dos centros máis importantes de Galicia neste xogo e proba diso é o apoio que o Concello presta a través das Ligas...
leer más 26/08/2015
As festas patronais de Xove na honra de San Bartolo celébranse entre o 26 e o 30 de agosto e durante estes días desenvolverán un amplo programa no que non faltarán as tradicionais verbenas pero tampouco o deporte, a música ou a literatura. A proposta do San Bartolo deste ano foi presentada hai días no Salón de Pleno do Concello de Xove, coa presenza do alcalde, Demetrio Salgueiro, as concelleiras de Cultura, Deporte e Servizos Sociais e varios membros da Comisión de Festas.
As actividades comezan o 26 na OMIX de Xove cunha proposta de “Xogos en rede” dirixida a persoas de entre 13 e 35 anos. O 27 será o Día dos Nenos, e as citas estarán pensadas en boa medida no público infantil. Ás 16 horas no Salón de Actos do Centro Cívico representarase a obra Ni fu ni fa, dentro do...
leer más 25/08/2015
O III Open Padel San Bartolo terá lugar na pista municipal de Xove entre o 31 de agosto e o 6 de setembro, organizado pola Concellería de Deportes. O prazo para inscribirse está aberto ata o 29 de agosto e a participación é gratuíta. Pódese facer a través da web www.mistorneosonline.es ou na Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Xove.Haberá tres categorías, masculina, feminina e mixta e haberá premios para os finalistas de todas elas.
Os interesados poder atopar máis información nos teléfonos 658419871 e 607323941.
24/08/2015
Este luns, 24 de agosto, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DE GANDO vacuno e cabalar en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.
A organización deste inmemorial evento corre a cargo da Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia.
O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro...
leer más