Xove
27/12/2016
A Concellería de Cultura programa o Gran Concerto de Nadal que ofrecerán a Orquestra Infantil e a Orquestra Clásica de Xove o 28 de decembro.
O concerto está organizado como todos os anos pola Escola Municipal de Música coa colaboración da Asociación PrestoXove. Dará comezo ás 20:00 horas no salón de actos do centro cívico con entrada gratuíta.
O programa recolle obras de Bellwood, concretamente o Vals Brudenell e o Vals do medio minuto, que interpretará a Orquestra Infantil dirixida por Manuel Gayol. Pola súa banda a Orquestra Clásica de Xove dirixida por Xan Carballal, ofrecerá a Fantasía sobre Greensleeves de Williams, o Vals nº2 de Sostakovich, a Marcha guerrera de Mendelssonh e a Serenata para Sabela de Binge.
12/12/2016
O programa de Nadal organizado polo Concello de Xove dará comezo o venres, 16 de decembro, co obradoiro de colocación do Belén que terá lugar na OMIX entre as 17:00 e as 20:00 horas, para mozos e mozas de10 e 18 anos.
O 18 ofrecerá un concerto Sons de Celeiro ás 18:00 horas no salón de actos do Centro Cívico. O xoves 22 Papá Noel visitará Xove e entre as 11:00 e as 13:00 horas estará no salón de actos do Centro Cívico para recibir a todos os nenos e nenas. O venres 23 terá lugar o VI Concurso de Karaoke ás 21:00 horas no pavillón de deportes. A inscrición previa será ata o día 23 na oficina do técnico de Cultura ou o mesmo día 23 de 17:00 a 19:00 horas no pavillón de deportes. Os/as participantes que leven música propia que non estea incluída na lista da organización, poderán realizar a...
leer más 29/11/2016
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes en Xove vai ser o Concurso de Karaoke, que este ano celebra a súa sexta edición, o 23 de decembro, a partir das 21:30 horas
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura o una Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello...
leer más 07/11/2016
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove organiza unha ruta pola ría de Ortigueira-Ladrido para o 13 de novembro.
Esta é a ultima ruta da tempada 2016 e percorrerá a senda litoral da ría de Ortigueira cun total de 13 quilómetros e dificultade baixa. A saída e chegada á vila de Ortigueira pasando pola Lagoa de San Martiño, a praia de Morouzos, a carón da illa de San Vicente, e a ría de Ladrido. A ría de Ortigueira está considerada unha das máis importantes de España pola súa biodiversidade natural, dentro da Red Natura 2000 e zona ZEPA (protección de aves).
Ao final da ruta os participantes despedirán a tempada cunha comida. Os interesados poden pedir información ou inscribirse na Piscina Municipal de Xove ou no número de teléfono 618 97 61 59...
leer más 20/10/2016
O venres, 21 de outubro, terá lugar a XXIV edición da Festa da Terceira Idade en Xove.
Está dirixida a pensionistas maiores de 60 anos (xubilados) do concello cos seus cónxuxes ou parellas. Os actos programados comezarán ás 12:30 horas coa misa que terá lugar no salón de actos do Centro Cívico, acompañada por un cuarteto de corda da Escola Municipal de Música, e ás 14:00 horas será o xantar no restaurante Louzao de Area.
Unha vez rematado o xantar o Concello fará entrega dun agasallo ao home e á muller máis maiores da festa e posteriormente todos os participantes gozarán dun baile. O Concello pon autobuses gratuítos a disposición de todas aquelas persoas que o precisen tanto para a ida como para o retorno.
... leer más 17/10/2016
O grupo de sendeirismo da ACD Xove organiza unha ruta para o domingo 23 de outubro, pola Fragavella (Serra do Xistral-Concellos de Mondoñedo e Abadín).
Esta ruta polos montes da Fragavella está a 15 quilómetros da cidade de Mondoñedo e colle os concellos de Mondoñedo e Abadín. Nela atópase unha gran diversidade de flora e fauna autóctona que no outono é moi visitada pois toda ela produce unha gran variedade e cantidade de cogumelos. De feito o empresario de orixe xaponés Katuza Kimura elexíu no ano 1985 este lugar para o cultivo de setas orientais a nivel industrial. Pero a principios dos anos 90 abandonou a súa explotación por problemas co subministro eléctrico na zona. Tamén existe na Fragavella unha finca propiedade da Xunta de Galicia, destinada á cría de cervos e vacas de raza...
leer más 30/09/2016
Remataron as Xornadas de Promoción dos Bolos no IES Illa de Sarón, que serven de preludio ao campionato anual que tódolos anos organiza o Concello de Xove, a través da Concellería de Deportes.
O vindeiro 1 de outubro, no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXVIII, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 16 será a XVII e a VIII da Liga Feminina. O Campionato vaise desenvolver ao longo de 18 tiradas, rematando o 4 de marzo do vindeiro ano no Centro Social de Sumoas.
A competición prevista para este ano vai ser moi similar á da pasada tempada. O sistema de puntuación, clasificación, etc. é o mesmo da pasada edición.
O calendario para esta ...
leer más 29/09/2016
Esta festa, que chega á súa undécima edición, está organizada pola asociación cultural e de festexos Alto do Cruceiro. Desde a organización sinalan que "antes de seguir con outras cousas, decir que esta festa a recuperamos despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar de celebración será no Campo da Festa Onofre Louzao, un recinto inaugurado hai un par de anos en honra a Don Onofre Louzao, máximo promotor desta festa e falecido hai 3 anos. Este recinto está ubicado nas inmediacións do centro social do Alto do Cruceiro, a uns 150 metros da estrada nacional Viveiro-Ribadeo, polo que acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que esperamos e desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode que non sexa así, polo que dispoñemos dunha gran carpa. Para unha maior comodidade dos visitantes dispoñemos de amplos aparcamentos no...
leer más 27/09/2016
O 1 de outubro vaise celebrar en Xove a VII edición do Encontro de Palilleiras. A Concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, continúa cos preparativos para ter todo listo para súa apertura.
"A inscrición para este encontro, que se pechou o pasado 16 de setembro, podemos decir que funcionou moi ben, xa que temos anotadas unhas 400 palilleiras de Asturias, León e Galicia", sinalan desde a organización.
Nestes intres o personal do Concello está a traballar a fondo no Pavillón Municipal de Deportes, lugar onde se centraliza o Encontro, para ter todo preparado para o sábado, xa que ás 10:30 horas van comezar as actividades coa recepción das palilleiras.
26/09/2016
A 15ª edición do Día da Bici terá lugar en Xove o domingo 2 de outubro. Todas as actividades terán lugar no Centro Cívico e darán comezo ás 16:30 horas (as inscricións poderán facerse ata quince minutos antes).
Haberá unha ruta cicloturista por Xove de 2´5 quilómetros e outra ruta cicloturista en línea dende Xove ata o Faro Roncadoiro de 16 quilómetros. Tamén haberá animación infantil con globoflexia e pintura de caras e unha gincana ciclista na Praza do Concello.
A xornada rematará cunha merenda para todos os participantes e terá lugar o sorteo dunha bicicleta e distinto material de ciclismo. Organiza e patrocina a ACD. Xove e o Concello de Xove.