Aberto ata o 26 de setembro o prazo de inscrición das Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove. Darán comezo o 5 de outubro.

Aberto ata o 26 de setembro o prazo de inscrición das Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove. Darán comezo o 5 de outubro.
 
Ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove, para a vindeira temporada 2015-2016. 
A data tope de inscrición será o 26 de setembro e o 3 de outubro será a presentación no salón de actos do Concello de Xove. As actividades darán comezo o 5 de outubro. 
A Asociación Cultural-Deportiva ACD Xove, presenta as seguintes Escolas Deportivas e Culturais. 
1.Xogos Predeportivos (nenos-as de 3-4 anos)
2.Patinaxe Artística ( de 5 ata 16 anos)
3.Fútbol Sala (de 5 ata 16 anos)
4.Fútbol 8 (de 7 a 12 anos)
5.Baloncesto (de 5 a 16 anos)
6.Xadrez ( de 6 ata 16 anos)
7.Karate ( de 5 ata 16 anos)
8.Atletismo de (8 a 16 anos)
9.Tenis de Mesa (de 8 a 16 anos)
10. Aerobic-Pilates-Zumba (+ de 14 anos e adultos)
11.Teatro (de 8 a 16 anos)
12. Pintura ( + 9 anos e adultos)
Cada Escola Deportiva, forma equipos de competición e participa nas distintas competicións, tanto de deporte escolar, como ligas Federadas. 
As follas de inscrición, entregaranse a todos os nenos, nos Centros Educativos do Concello de Xove. Aqueles socios que non sexan de Xove, poderán pasar a recollelas pola Piscina Municipal de Xove. Unha vez cubertas poderán entregalas, na Piscina Municipal, no buzón da ACD.XOVE no pavillón Polideportivo Municipal ou a calquera membro da Xunta Directiva. 
A ACD Xove está formada por preto de 200 familias socias, nas cales todos os membros poden participar nas distintas Escolas Deportivas e Culturais, que a súa idade llo permita. 
Aparte das Escolas Deportivas e Culturais, a ACD Xove organiza outras actividades deportivas como poden ser surf, sendeirismo, o día da bicicleta, etc...
A cota de socio anual é de 120 euros, dividida en dous pagos de 60 euros (pago semestral). Mais informacion en: www.acdxove.es ou ACD.XOVE en Facebook.