Doazón
Ribadeo axuda a que a lingua galega permaneza nas ferramentas da intelixencia artificial. Este xoves, 17 de outubro, terá lugar unha xornada de recollida de voces no marco do Proxecto Nós.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, indicou que “o Proxecto Nós (www.nos.gal) está impulsado pola USC e a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de AMTEGA) e está financiado con fondos Next Generation-UE”.
A edil ribadense explicou que “grazas a ese traballo lograremos que todo tipo de máquinas e dispositivos electrónicos poidan entender e falar a lingua galega e que, polo tanto, calquera galego ou galega, poida empregar con total normalidade a súa lingua en calquera ámbito tecnolóxico. Por exemplo cando lle damos unha orde ao GPS do noso coche, cando...
leer más