San Isidoro do Monte (Xove) acolle este luns, 24 de agosto, a tradicional feira de gando vacuno e cabalar.

San Isidoro do Monte (Xove) acolle este luns, 24 de agosto, a tradicional feira de gando vacuno e cabalar.
 
Este luns, 24 de agosto, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DE GANDO vacuno e cabalar en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.
A organización deste inmemorial evento corre a cargo da  Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. 
 
O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
-13:30 horas: Sesión Vermú co “DUO CARAMELO”.
-17:30 horas: Verbena co “DUO CARAMELO”.
 
No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá, vai haber dúas modalidades cos seguintes premios:
a) Concurso de “Maior número de reses vacunas na Feira”:
   1º premio: 120 €uros
   2º premio: 90 €uros.
   3º premio: 60 €uros.
 
b) Concurso  de “Maior número de reses cabalares na Feira”:  
   1º premio: 120 €uros
   2º premio: 90 €uros.
   3º premio: 60 €uros.
 
Nestas dúas modalidades só poderán participar explotacións que non sexan da Parroquia de Monte, con isto preténdese potenciar básicamente a participación e presencia de gandeiros de fóra na Feira.
 
Dentro do Programa tamén se inclúe PREMIOS AOS MELLORES EXEMPLARES:
-Mellor vaca: 80 €uros.
-Mellor touro: 80 €uros.
-Mellor besta: 80 €uros.
-Mellor cabalo: 80 €uros.
 
Como en anos anteriores, para aqueles que desexen xantar no lugar, na Feira vai haber varios chiringuitos con comida (pulpo, churrasco, panadería, etc.).