Xove acollerá o Día da Bici o vindeiro domingo, 27 de setembro. Está organizado pola ACD Xove o polo Concello.

Xove acollerá o Día da Bici o vindeiro domingo, 27 de setembro. Está organizado pola ACD Xove o polo Concello.
 
Este domingo, 27 de setembro, a ACD.Xove  xunto ao Concello de Xove organizan o Día da Bici Xove-2015.
O punto de inicio é o centro cívico ás 16:30 horas. As actividades do día inclúen unha ruta cicloturista por Xove, Regosanguento e Ponte do Carro en A Rigueira, ao longo de 13 quilómetros. Haberá actividades infantís, como globoflexia e pintura de caras e unha exhibición dun equipo de BMX. O participante máis veterano e máis novo, así como a bicicleta máis orixinal serán premiados. Haberá tamén o sorteo dunha bicicleta e material deportivo, agasallos e merenda. O uso do casco é obrigatorio. A inscrición está aberta ata 15 minutos antes do inicio da ruta.
 
Colaboran con esta actividade Distribución Carreiras, Café do Centro Cívico, Motos Ángel Telmo, Moteiros de Xove, Fisioterapia Xove, Fundación Alcoa, Deputación de Lugo, Policía Local, Garda Civil, Protección Civil e Motos Pablo.