As festas patronais de Xove na honra de San Bartolo celébranse do 26 ao 30 de agosto con música, xogos populares, cine, animación á lectura, fútbol e bailes de salón.

As festas patronais de Xove na honra de San Bartolo celébranse do 26 ao 30 de agosto con música, xogos populares, cine, animación á lectura, fútbol e bailes de salón.
 
As festas patronais de Xove na honra de San Bartolo celébranse entre o 26 e o 30 de agosto e durante estes días desenvolverán un amplo programa no que non faltarán as tradicionais verbenas pero tampouco o deporte, a música ou a literatura. A proposta do San Bartolo deste ano foi presentada  hai días no Salón de Pleno do Concello de Xove, coa presenza do alcalde, Demetrio Salgueiro, as concelleiras de Cultura, Deporte e Servizos Sociais e varios membros da Comisión de Festas.
As actividades comezan o 26 na OMIX de Xove cunha proposta de “Xogos en rede” dirixida a persoas de entre 13 e 35 anos.  O  27 será o Día dos Nenos, e as citas estarán pensadas en boa medida no público infantil. Ás 16 horas no Salón de Actos do Centro Cívico representarase a obra Ni fu ni fa, dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. Ás 17 horas, na praza do Concello, instalarase un parque infantil “Diverneno”, con inchables de auga, polo que aos participantes se lles recomenda traer traxe de baño e toalla. Ás 21.30 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico, o administrador da Diócese Mondoñedo-Ferrol, Antonio Rodríguez Basanta, fará a lectura do pregón. 
O venres 28 a partir das 16 horas a OMIX de Xove acolle unha sesión de cine con palomitas para todos os públicos e ás 20 horas comezará unha sardiñada popular amenizada pola Charanga de Neda. No pavillón deportivo, comezará cara as 21.30 horas o Festival de Saíñas e, a partir das 23 horas, os que se acheguen a Xove poderán gozar da verbena a cargo das orquestras Samba e Fénix.
O sábado 29 a programación bota a andar pola mañá co pasarrúas de Banda Tau, de Viveiro, seguido a partir das 13 horas da misa solemne na honra a San Bartolo e a participación da Orquestra de Cámara de Xove. A sesión vermú correrá a cargo de Tequila. Pola tarde, a partir das 19 horas, enfrontaranse solteiros contra casados nun partido de fútbol no Campo de Beltrán. De noite, a verbena comezará cara as 22:30 horas coa presenza de Tequila e Sintonía de Vigo.
O domingo, 30 de agosto, o día inicia co pasarrúas de Saíñas e ás 13 horas celebrarse de novo a misa na honra de San Bartolo. Na celebración participará o Coro Parroquial Louvanzas Novas, de Xove. A orquestra Paladium encargarase da sesión vermú cara as 14:30 horas. Pola tarde, o pavillón deportivo acollerá unha exhibición de bailes de salón as 20 horas. A fin de festa será acompañada esa mesma noite coa orquestra Paladium.
O luns, 31 de agosto, será festivo local e ese mesmo día comeza o III Opel Pádel San Bartolo, que de desenvolverá ata o 6 de setembro na pista municipal de pádel. Paralelamente, estarán abertas as exposicións Xove 360º. Encontros, aberta ata o día 4 de setembro entre as 11:30 e as 13:30 horas e as 18 e as 22 horas. Por outra banda, na Sala  da Oficina de Turismo poderase ver a mostra Coas nosas mans VIII ata o mesmo día 31.