Xove
05/06/2015
Hoxe ás 13:00 horas o alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Deportes, Cristina Iglesias, presentaron no Salón de Plenos do Concello a Iª GALA DO DEPORTE CONCELLO DE XOVE. A mesma vaise celebrar o vindeiro 14 de xuño, a partires das 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. A entrada é gratuíta e colaboran na gala todas as asociacións deportivas do concello.
27/05/2015
Este domingo, 31 de maio, no pavillon municipal de Xove e a partir das 18:30 horas, a Escola de Karate da ACD.XOVE, organiza o Torneo de Promocion de Karate, ACD.XOVE-2015, onde compitiran todolos alumnos da Escola, asi como alumnos invitados de outras Escola de Karate de A Mariña.
Os xovenes Karatekas compitiran nas disciplinas de Kata, Kumite, Kobudo e Kendo, asi mesmo farán unha desmostración de Defensa Personal.
A organización do evento correo a cargo da Escola de Karate da ACD.XOVE, baixo a dirección e coordinación do maestro Eladio Esteban Santalla. Patroncina: ACD.XOVE. Colabora: Concello de Xove.
22/05/2015
Mañá, 23 de maio, vaise celebrar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica, unha das competicións deportivas de rítmica con máis soleira da provincia de Lugo. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar ás 17:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presenza de 7 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba e Begonte, a E. X. Porta Norte de Burela/Ribadeo, o C. Filigrana de Lugo, o C.X.R. Porta Norte de Viveiro e o C. Violeta de Baamonde.
13/05/2015
Este sabado, 16 de maio, pola mañá, a Escola de Xadrez da ACD.XOVE organiza o IIº Torneo de Xadrez, para a categoría Pre-Bemxamin. (nenos-as do 2007-2008).
O Torneo celebrarase na Sala Multideportiva do Concello de Xove en horario de 10:00 a 12:00 horas. Participaran nenos de todalas Escolas de Xadrez da Mariña. Ao finalhaberá medallas e trofeos para os mellores xadrecistas de cada idade.
Organiza e Patrocina: ACD.XOVE. Colabora: Concello de Xove.
13/05/2015
O vindeiro domingo, 17 de maio, o grupo de sendeirismo de ACD.XOVE, organiza a terceira ruta deste ano. Esta vez o grupo vai a desprazarse á comarca de A Fonsagrada (Lugo) e a ruta que se vai face é "O Camiño da República". Con saída na aldea de Liñares de Bidul, e chegada á praia fluvial de Pena do Inferno. A ruta percorre por unhos paraxes impresionantes, que teñen como protagonista o rio Navia e o encoro de Grandas de Salime.
Asimesmo un gran parte da ruta é por unha antiga carretera sin acabar, que se empezou a facer no ano 1928 e deixou de facerse no ano 1936 ao dar comezo a guerra civil. Esta carretera, que pretendía unir a Fonsagrada, con San Antolín de Ibias en Asturias, foi chamada como a Carretera da República. Centos de obreiros fixeron a man esta gran obra...
leer más 06/05/2015
Este domingo,10 de maio, celébrase no pavillón municipal de Xove o Campionato Provincial de Patinaxe Artística Xove 2015.
Neste campionato van participar as seguintes entidades: Escola Municipal de Chantada, Club Concello de Chantada, ED.Lourenzá, Club Campelas de Escairón, Escola Municipal de Monterroso e ACD.XOVE.
As preparacións darán comezo ás 10:30 horas da mañá, co quentamento e toma de contacto coa pista de todos os equipos participantes. Será a porta pechada, para as 12:30 horas dar comezo o Campionato Provincial.
O evento é organizado pola ACD.XOVE, e colaboran o Concello de Xove, Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Patinaxe, a Deputación...
leer más 24/04/2015
Este domingo, 26 de abril, no Salón de Actos do Concello de Xove, a Escola de Teatro da ACD Xove fai a sua Clausura de Tempada, representando tres obras teatrais, na cal van a participar todolos nenos-as da Escola. As obras serán: "Os soños na gaiola", "O Principe Feliz" e "Os vellos non deben namorarse" e darán comezo as 19:00 horas.
Desde a ACD Xove "animamos a todolos amantes do teatro, a vir ver estas postas en escea, dos nosos pequenos actores e actrices".
14/04/2015
O Concello de Xove pon en marcha un ano máis o CONCURSO LETRAS GALEGAS 2015. Con motivo da celebración do DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado este ano a XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, a Biblioteca Municipal de Xove convoca dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos/as e rapaces/as do noso Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO. Con isto, dende o Concello de Xove preténdese, por unha banda, un apoio á língua galega, e por outra, estimular á nosa xuventude naquelas artes máis relacionadas cos seus estudios académicos.
BASES DO CONCURSO
CONCURSO LITERARIO: Os participantes neste Concurso poderán optar libremente por:
... leer más 13/04/2015
Un ano máis a comisión de festas de Monte, formada por membros da asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as festas patronais da parroquia en honra a San Isidoro os vindeiros 18 e 19 de abril, con arranxo ao seguinte programa:
Sábado ,18 de abril:
-13:00 horas.- misa solemne na igrexa parroquial e procesión en honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- sesión vermú con Lembranza.
-15:00 horas.- xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente hai que chamar ao tfno: 646647619.
-17:00 horas.- verbena con: Lembranza e Fenix. Para esta verbena, a comisión ten preparados 3...
leer más 05/04/2015
O vindeiro domingo,12 de abril, o Grupo de Sendeirismo de ACD.XOVE, organiza a segunda ruta deste ano. Segundo explican desde a organización "a ruta que se vai facer é pola Costa da Morte, a primeira etapa da denominada O Camiño dos Faros. Trátase dunha ruta de Gran Recorrido (GR) de 200 km. e que vai dende Malpica de Bergantiños ata o Cabo Fisterra, todo pola Costa da Morte, seguindo os Faros. Nesta saída empezaremos no Faro do Porto de Malpica e percorreremos 20 km. de Costa ata chegar o Faro de Nariga. A ruta pasa polo Cabo San Adrian, enfronte das Illas Sisargas, e por 6 preciosas praias, como son a de Beo, a de Seiruga ou a de Barizo. O final desta ruta será no espectacular Faro Nariga. Un faro-monumento feito polo arquitecto, Cesar Portela. O entorno está cheo de maxia, pois existen grandes formacions...
leer más