Xove
11/03/2015
Desde a organización sinalan que "a maneira e os métodos utilizados por empresas que buscan persoas empregadas cambiou nos últimos anos. Estase tendendo ao uso xeneralizado de internet e os portais de busca de emprego son os métodos principais para o inicio dos procesos de selección incluso para as pequenas empresas da nosa comarca. As redes sociais son unha inestimable fonte de información no proceso de busca de emprego".
Na actualidade, no Departamento de Emprego observase que moitas persoas non manexan esta sinxela ferramenta, dificultando e incluso evitando a participación en procesos de selección de persoal. É imprescindible aprender a buscar traballo por internet e ademais é moi doado. Esta é a razón pola que o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local e a...
leer más 09/03/2015
O próximo domingo, 15 de marzo, a partir das 19:00horas na Aula de Formación do Concello de Xove o Grupo de Sendeirismo da ACD Xove. E fará a presentación das rutas de sendeirismo para o presente ano 2015.
Un total de 8 Rutas, dende o mes de marzo ata o mes de novembro. A primeira será o día 22 de marzo.
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove está formado por cerca de cen persoas.
Esta sección de Sendeirismo está dada de alta na Federación Galega de Montañismo, e 30 dos seus membros teñen licenza ca citada Federación.
06/03/2015
Xove acollerá a XIV Festa do Polbo da Pedra o día de xoves santo. O organizadores sinalan que “somos un grupo de hostaleiros de Xove que queremos contribuír a promocionar o noso pobo, para o que pensamos en organizar unha festa gastronómica, xa que esa é a área na que mellor nos desenvolvemos. O mesmo que outros lugares da comarca, cremos que temos produtos que son merecentes de ser promocionados; coincidimos todos en que o polbo da pedra, denominación coa que coñecemos o polbo que se captura na nosa costa, é un produto de altísima calidade, tal como nolo amosan os numerosos viaxeiros e turistas que pasan polos nosos establecementos. Sabemos que noutros lugares de Galicia se celebran festas do polbo, pero esta queremos que naza cun xeito diferenciador, e ese xeito está en que o polbo que se traballa na Costa de...
leer más 04/03/2015
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado un amplo programa de actividades para celebrar o Día Internacional da Muller.
O sábado, día 7: o alcalde, Demetrio Salgueiro, visitará a dona Aurora Quelle Abad, a muller máis lonxeva do concello (98 anos). O rexedor acudirá acompañado pola concelleira Ana Abad e faranlle entrega dun ramo de flores no seu domicilio.
O domingo, día 8: a partir das 17:30 horas no Salón de Actos terá lugar a VIII Chocolatada Día da Muller e despois será a inauguración da exposición Rostros da historia, que permanecerá aberta ata o día 20 de marzo.
E o martes, día 10 de marzo: no Salón de Actos ás 10:30 Contacontos Noui e o bebedizo...
leer más 27/02/2015
O vindeiro sábado, 7 de marzo, terá lugar no pavillón municipal de Xove a X Festa do Lacón, que organiza a asociación cultural Saíñas e coa que colabora o Concello.
A festa dará comezo ás 20:30 horas. A venda de tickets para acudir pódese facer en Click Informática, Peluquería Rosa e Estética Marta. Neste caso o prezo da ración, en venda anticipada, será de 7 euros. Aquelas persoas que compren os tickets no pavillón o sábado pagarán 8 euros.
Na festa os asistentes degustarán: sopa, pataca, chourizo, lacón, pan e bebida. Ademais despois haberá chocolatada. A festa estará animada pola Disco Móvil Pegaso a partir das once da noite. No descanso haberá sorteos de agasallos.