Presentación

Etiquetas:
22/02/2016
En Burela este sábado, 27 de febreiro, terá lugar a presentación do libro "Caboverdianas en Burela", de Luzia Oca.
 
O vindeiro sábado, 27 de febreiro, ás 18 horas no salón de conferencias da antiga biblioteca terá lugar a presentación do libro Caboverdianas en Burela, do que é autora Luzia Oca González, segundo informa a Concellería de Emigración e Cooperación de Burela. 
 
Luzia Oca analiza aspectos como a migración, as relacións de xénero e a intervención social deste colectivo, o das mulleres caboverdianas que viven en Burela, desde 1978 a 2008. 
 
A obra, que foi galardoada co premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2014, foi presentada hai uns días en Santiago de Compostela. 
 
Etiquetas:
16/02/2016
Raquel Rey presenta este venres, 19 de febreiro, a súa última novela "Magia en las estrellas" na Librería Bahía, en Foz.
 
“Magia en las Estrellas” é o título da última novela da autora mariñana Raquel Rey. O libro preséntase este venres ás oito e media da tarde na Librería Bahía, en Foz.
 
A escritora que asina co pseudónimo de Elizabeth Bowman, estará acompañada polos profesores Antón Niñe e Bernardo Penabade. Raquel Rey ten publicadas varias novelas, pero esta é a primeira que se pode mercar en España xa que as anteriores foron publicadas por editoriais hispanoamericanas.
 
Etiquetas:
15/01/2016
A Pomba do Arco organiza a presentación do libro "A viaxe á fin do mundo" de Manuel Rodríguez. Será o 22 de xaneiro na Libraría Bahía, en Foz.
 
A asociación cultural A Pomba do Arco, no seu afán por dar a coñecer a nosa cultura, vai presentar en Foz, o venres día 22, ás 20.30 na libraría Bahía o libro de Manuel Rodríguez titulado A viaxe á fin do mundo, editado pola editorial Bolanda.
O autor Manuel Rodríguez é xornalista e doutor en Ciencias da Información. Realiza o seu traballo na Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo dende o ano 1992. Anteriormente estivera traballando en medios de comunicación da Mariña, O Progreso, A Voz de Galicia, Antena 3 Radio de Galicia
A súa obra literaria está enfocada cara as súas dúas pasións: O mundo xacobeo e o mundo da radio. Sobre esta última pasión publicou no ano 2003 un libro titulado Noticias de Galicia na radio de fin de século.
Sobre o mundo xacobeo ten publicados un gran número de artigos periodísticos e varios libros entre os...
leer más
Etiquetas:
08/12/2015
Pepe Peinó presenta o 12 de decembro en Finca Galea, en Alfoz, o seu primeiro libro: "Escombros, moitos escombros". Será a partir das seis da tarde.
 
O primeiro libro de Pepe Peinó, Escombros, moitos escombros, editado por Finisterrae Ediciones, será presentado o vindeiro 12 de decembro en Finca Galega (Alfoz) ás 18 horas. Intervirá, ademais, do propio autor, Lionel Rexes, escritor e membro do Seminario de Estudos do Valadouro, e José Castro, director da editora. 
Ademais, a presentación da novela estará amenizada polas actuacións musicais e teatrais de Jorge Oliveira, concertista e compositor; Miriam Vivero, cantante e actriz, e o Grupo Humorístico Trípode (Antonio Jesús Lorenzo Cachín e Alberto Níñez). 
 
Etiquetas:
26/11/2015
Librería Bahía, de Foz, acolle este venres, 27 de novembro, a presentación do libro "O coitelo de pedra fundida", de Francisco Antonio Vidal.
 
Este venres, 27 de novembro, ás oito e media da tarde, preséntase na Librería Bahía, en Foz, a novela “O coitelo de pedra fundida”, de Francisco Antonio Vidal.
Segundo explican desde Bahía “trátase dunha historia de misterio ambientada na época celta, na que se mestura a intriga e a crítica ao poder relixioso. O autor é asiduo colaborador en distintos medios da prensa diaria. E autor de novelas coas que acadou varios premios, como o Avilés de Taramancos ou o premio Concello de Viveiro no ano 2003, e tamén ten publicados ensaios nomeadamente sobre a figura de Manuel Murguía”.
 
Etiquetas:
27/10/2015
A Pomba do Arco organiza a presentación do libro "Historia de Odoyno", de Antonio Rodríguez Baixeras. Será o 30 de outubro na Librería Bahía en Foz.
 
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza a presentación do libro Historia de Odoyno, de Antonio Rodíguez Baixeras. O acto terá lugar este venres, 30 de outubro, ás 20:30 horas na Librería Bahía, en Foz. 
O autor do libro, Antonio Rodríguez Baixeras, xa ten editado varios libros anteriormente como a novela O rei dos Ameneiros ou unha interesante biografía sobre Alexander Hamilton, un dos país da independencia norteamericana. A súa profesión como docente levouno á escribir, como coautor, varios libros de texto de ciencias sociais.
Este libro que se presente é froito de moito tempo traballando sobre o tema da vida, da obra e do legado de Odoino. 
O protagonista deste libro é un monxe galego...
leer más
Etiquetas:
05/08/2015
Este venres, 7 de agosto, preséntase en Ribadeo o libro "Louselas (Ribadeo.Lugo). Los inicios del poblamiento humano en la región cantábrica.
 
A Casa das Letras de Ribadeo acolle o próximo venres, 7 de agosto, ás 20:30 horas  a presentación do libro Louselas (Ribadeo, Lugo). Los inicios del poblamiento humano en la región cantábrica, unha investigación de Eduardo Ramil Rego e Jose Ramil Soneira editado polo Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV), do que o primeiro é director.
 A obra recolle datos sobre os inicios das poboacións humanas da rexión cantábrica e en concreto do xacemento de Louselas, en Ribadeo, ubicado preto da desembocadura do Eo. Nesta zona atopáronse un gran número de ferramentas achelenses – da especie Homo Heidelbergensis- que indican unha antigüidade de 450.000 do sitio arqueolóxico. É a primeira vez que se presenta en Galicia unha monografía científica sobre un xacemento do...
leer más
30/07/2015
O Pazo de Tovar será escenario este domingo, 2 de agosto, da presentación da novela histórica "Catalina de Santisso", que desenvolve parte da súa trama nas Terras de Lourenzá.
 
O pazo de Tovar, en San Tomé de Lourenzá, será este próximo domingo, 2 de agosto o escenario da presentación da obra titulada Catalina de Santisso, unha novela histórica de Aurora García Rivas. A cita será ás 19:30 horas e o lugar escollido non é casual, xa que parte da acción da novela transcorre no propio Pazo de Tovar no século XVI. 
O personaxe histórico recreado na obra foi a dona da torre de San Paio de Narla e protagonista de numerosas lendas por mor da súa vida tráxica e as humillacións sufridas no seu matrimonio co señor Vasco de Seixas, dono da fortaleza de Xiá, que a asasinou acusándoa de adulterio.
Na presentación da novela intervirán José Ventoso, propietario do Pazo de Tovar, e Marián Suárez García, ademais da  autora...
leer más
Etiquetas:
27/07/2015
Este venres, 31 de xullo, preséntase na Librería Bahía, en Foz, "Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías", de Antonio Reigosa. A actividade está organizada por Mariña Patrimonio e Bahía.
 
O  próximo venres, 31 de xullo, ás 20:30 horas na librería Bahía de Foz, terá lugar a presentación do libro Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, de Antonio Reigosa.
O libro Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López, é unha das novidades da colección LIBROX de Xerais.
O proxecto Galicia Encantada naceu no seu día para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos documentos atesourados na web durante este tempo, revisados e actualizados, transmútanse en papel impreso coa gozosa pretensión de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos, case sempre sorprendentes. Un cento de historias que...
leer más
Etiquetas:
23/07/2015
O 30 de xullo Xurxo Souto presentará o seu libro "Contos do mar de Irlanda" no Bar San Pedro, de Alfoz.
 
Segundo explica Lionel Rexes “o autor denomina estas presentacións Océano para terrícolas; trátase de encontros inspirados nas antigas troulas das tabernas mariñeiras onde o acordeón era imprescindíbel, por iso Xurxo Souto nunca esquece o instrumento e viaxa acompañado polos acordes das cantigas xurdidas nas travesías atlánticas.
A escolla do devandito local polo autor non foi casual, esta taberna tradicional galega* (é restaurante, ultramariños, lugar de reunións veciñais…) mantén un vínculo co Gran Sol do que se falará no decurso do evento.
Xurxo Souto recuperou para a súa obra as historias persoais de centos de mariñeiros galegos que navegaron e navegan polo Atlántico; auténticos embaixadores dos nosos costumes nas costas...
leer más