A programación cultural de O Vicedo para o mes de maio inclúe un taller de banda deseñada o día 10 e a presentación do libro disco de María do Ceo "De Portugal a Galicia" o 22 na Casa da Cultura.

A programación cultural de O Vicedo para o mes de maio inclúe un taller de banda deseñada o día 10 e a presentación do libro disco de María do Ceo "De Portugal a Galicia" o 22 na Casa da Cultura.
 
Este martes, 10 de maio, na Casa da Cultura de O Vicedo haberá un obradoiro de banda deseñada impartido por Xosé Tomás.
 
Este obradoiro titulado Coñécete a través dos cadriños, dará comezo ás 17:15 horas e está dirixido a nenos e nenas de Educación Primaria. Trátase dunha actividade encadrada dentro da campaña de animación á lectura que este concello leva a cabo xunto coa Xunta de Galicia baixo o lema Ler conta moito.
 
Este obradoiro e libre e gratuíto e está aberto a nenos e nenas doutros municipios.
 
E por outra banda, dentro da programación cultural do Concello de O Vicedo para este mes, o 22 de maio actuará na Casa da Cultura ás 19:30 horas María do Ceo, que presentará o seu libro disco “De Portugal a Galicia”. A entrada é gratuíta.