Presentación

Etiquetas:
19/12/2017

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a Deputada Provincial pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron na biblioteca municipal do municipio do Landro, un libro monográfico sobre a figura e obra de Maruja Malloeditado pola Deputación, a cargo da catedrática Victoria Carballo-Calero, quen participou tamén na presentación. Esta iniciativa forma parte da programación de actividades que o Executivo da Deputación ofrece con motivo de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu homenaxear polo Día das Artes Galegas, á artista lucense Maruja Mallo.

García Porto apuntou que “a través desta publicación poñemos en valor a vida e obra dunha das artistas máis importantes que viu nacer a nosa provincia. Maruja Mallo foi pioneira nunha forma de entender a vida e o arte e un...

leer más
Etiquetas:
19/11/2017

O próximo martes, 21 de novembro, ás oito e media da tarde Xabier Grandío, presentará na Librería Bahía de Foz o seu libro “Tarot Rider Waiter, Claves para interpretarlo”. 

No acto o autor explicará a interpretación desta modalidade de Tarot para posteriormente dialogar e aclarar dúbidas dos asistentes sobre o mesmo. Tamén asinará exemplares desta publicación.

 

Etiquetas:
27/10/2017

O vindeiro xoves, 2 de novembro, ás oito e media da tarde, na Librería Bahía de Foz, Paco Rivas vai presentar o seu último libro: Mar… usía. Relatos Salpresados. Editado por Baía Edicións.

Trátase dun conxunto de relatos que teñen como protagonistas ao mar e as súas xentes.

Xunto co autor, estarán na Librería Bahía, de Foz, o profesor Bernardo Penabade e a editora Belén López Vázquez.

23/08/2017

Vén de nacer un novo grupo de teatro no Val de Alfoz e Valadouro. Son once rapaces novos (o menor de 16 anos, ningún deles chega ós 30), antigos compoñentes do Grupo de Teatro do Instituto Alfoz-Valadouro e do Grupo de Teatro Xuvenil "A Maseira", a maioría deles universitarios ou coa súa carreira xa rematada, que quixeron recuperar a súa presenza nos escenarios preparando unha obra titulada "Brancura". 

Trátase dunha reflexión en clave de humor sobre o propio mundo do teatro afeccionado do que estes rapaces levan formando parte hai xa bastantes anos. Estrearase o día 30 de agosto, ás 22,00 horas, na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, dentro da Semana do Teatro que cada ano organiza este concello.

Algúns dos rapaces xa actuaron tamén no Grupo Teatral Raiolas. O grupo está formado por Leni Níñez, Claudia Pena...

leer más
Etiquetas:
02/08/2017

A libraría Bahía, de Foz, acollerá este sábado, 5 de agosto, a partir das 11:00 horas, a presentación de “Un máis”, o novo álbum ilustrado de Olalla González e Marc Taeger, publicado por KALANDRAKA e dirixido a primeiros lectores.

Trátase dunha historia protagonizada por unha familia de coellos que vai medrar coa chegada dun bebé. O relato céntrase na curiosidade do personaxe principal, un pequeno coello, polo tempo que tardará en nacer o seu irmán ou irmá; unha dúbida que lle traslada de xeito insistente non só á súa nai, senón tamén a outros habitantes do bosque. Mentres, o coelliño imaxina os xogos que poderán compartir xuntos.

 

Etiquetas:
06/06/2017

O Centro Cívico de Xove acolle o sábado, 10 de xuño, a presentación da última novela de Rita Morrigan, seudónimo da escritora xovense Lucía Sánchez Meitín, La luna en tus manos.

Lucía Sánchez Meitín é a recente gañadora do VII Premio Vergara de Novela- El rincón de la novela romántica. A presentación, que dará comezo ás 19:30 horas, está aberta aos amantes da boa literatura e a todo o público en xeral.

 

Etiquetas:
05/06/2017

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza para este venres, 9 de xuño, a presentación do libro titulado O monte galego e mariñán. Caos ou aproveitamento multifuncional?. O acto ten lugar na Librería Bahía de Foz a partires das 20:30 horas.

O obxectivo desta actividade é promover un debate sobre a situación do sector forestal na Mariña e en Galiza. No acto participarán Alberte Blanco Casal, coordinador do libro e Director Xeral de Montes entre 2005 e 2009, Bernardo Valdés, autor dun dos capítulos e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, e Ramón Reimunde Noreña, presidente de Produtores de Madeira de Galiza (PROMAGAL).

A Pomba do Arco quere convidar ao público a participar neste acto no convencemento da importancia que o sector forestal ten para as veciñas de Foz e da Mariña, e da necesidade de...

leer más
01/05/2017

O libro titulado Vinte obras de teatro afeccionado, escrito por Pepe Peinó, será presentado o día 6 de maio, sábado, ás oito da tarde no salón de actos do Concello de Lourenzá.

Este evento, organizado pola Concellería de Cultura, contará coas intervencións de Pepe Peinó e de Antonio Jesús Lorenzo Cachín. Durante a presentación representarase un fragmento da obra Non volvas, Salustio, non volvas, que será interpretada por Antonio Jesús Lorenzo Cachín, Juan García e o propio autor. A continuación poderanse mercar exemplares do libro e o autor asinaraos.

 

Etiquetas:
29/04/2017

Libros Lar editou a publicación As covas do rei Cintolo, na que se recolle de forma facsimilar un libro de Daniel Cortezón, do ano 1956, e un cómic de Suso Peña, as dúas obras co mesmo título. A presentación celebrarase este vindeiro venres, día 5 de maio, ás 20:15 horas na Casa das Letras, de Ribadeo. No acto intervirán o editor, Manuel López; o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa; o concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña; e a deputada provincial responsable da Área de Cultura, María Pilar García Porto. Tamén asistirán as viúvas dos ribadenses Daniel Cortezón e Suso Peña, Mati e Carmucha.

O editor explicou que “a publicación consiste en reunir nun único volume dúas obras de dúas persoas coas que me uniu unha fonda amizade por moito tempo e que á súa vez eran moi amigas entre elas: Daniel Cortezón e Suso Peña. A...

leer más
Etiquetas:
25/04/2017

O vindeiro xoves, 27 de abril, terá lugar a presentación do libro El puto amor, de Malena Baqueiro. A autora é arxentina de nacemento e de orixe galego. 

Xunto a ela estará a editora da obra, Elena Dablanca, lucense e residente en Barreiros. Encargarase de conducir o acto Melodi Parga, barreirense, licenciada en Historia da Arte e creativa. 

O acto é aberto a todo o público. Terá lugar na Librería Bahía a partir das 20:30 horas.