A Casa da Cultura de Foz acolle este venres, 22 de abril, a presentación de dous libros de Paco Rivas. O evento forma parte da programación promovida pola Biblioteca Municipal para celebrar o Día do Libro e o das Letras Galegas.

A Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, acollerá este venres, día 22, ás oito da tarde a presentación de dous libros de Paco Rivas. Son as publicacións tituladas Entre o abalo e a zaranda. Dicionario Léxico do Mar e De punta a chicote. Así falan os mariñaos.
 
O acto, que está organizado polo Concello de Foz e Edicións do Cumio, contará coas intervencións da concelleira de Cultura focense, Silvia Blach; o prologuista, Francisco Fernández Rei; o autor Paco Rivas; o editor, Cándido Meixide Figueiras; e os mariñeiros Ton de Chao e Ricardo (Ridó).
 
Este evento forma parte da programación promovida pola biblioteca municipal de Foz para celebrar o Día do Libro e o das Letras Galegas.