Disco

Etiquetas:
04/05/2019

O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira organiza, dentro da programación da Primavera Cultural 2019, a presentación do proxecto artístico-musical A Comuna del Barruzo. Será este luns, 6 de maio, ás 19:30 horas no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro.

A COMUNA DEL BARRUZO. 

Primeiro disco -libro en galego-asturiano para nenas, nenos e adultos que ainda o son. 

Dirección artística e composicións:Ugia Pedreira

Producción musical, grabación, mistura e composicións:  Pierrot Rougier.

Ilustracións:Mónica Justo.

Colaboradores: Rosa Cedrón ( cello), Quim Farinha (violinos), Chus Diaz (sitar), Marina Oural (declamación)

Idea orixen e productora executiva: Mialmaproduciois...

leer más
Etiquetas:
19/02/2019

Este xoves, 21 de febreiro, terá lugar a presentación do libro-disco A viaxe de Brandán, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Burela.

A obra está baseada no texto, do mesmo título, do escritor Xoán García “Rompe”, e música de Xan Carballal, director da Escola de Música de Burela. A autora das letras das cancións é Xulia Nogueira, profesora de violonchelo tamén na Escola de Música de Burela, e o deseño corresponde a Tomás López Retorta.

A viaxe de Brandán foi representada no ano 2012 por alumnos da Escola Municipal de Música de Burela, en colaboración con grupos teatrais da comarca, e posteriormente gravada pola Radio Televisión Galega e interpretada por alumnos da Escola.

O libro-disco A viaxe de Brandán foi editado polo Concello de Burela.

 

Etiquetas:
05/07/2018

A Coral Polifónica de Ribadeo presentará ao público este sábado, día 7 de xullo, ás 12:00 horas no Parador de Turismo o seu novo cd titulado Legado Indiano.

Este traballo recolle músicas sobre todo ribadenses como habaneras de autores da vila, outras que foron adaptadas pola Coral, poemas de El Viejo Pancho  convertidos en milongas, e músicas das rondallas, pezas todas elas que non foron gravadas ata agora. Ademais tamén se inclúen temas do repertorio da Coral Polifónica de Ribadeo.

O prezo do cd será de 12 euros.

Este é o segundo cd da Coral Polifónica de Ribadeo, o anterior do ano 2002 leva por título Nos mares da música.

Etiquetas:
30/01/2018

Este sábado, 3 de febreiro, ás doce da mañá, estará na Librería Bahía o músico Magín Blanco presentando o seu último traballo “Camiños”.

Trátase dun libro disco para público infantil. As ilustracións son de Leandro Lamas. O libro, ademais das letras das cancións e as ilustracións de Leandro Lamas, inclúe textos –contos e poemas- de escritores da talla de Ledicia Costas, Antonio García Teijeiro, Anxos Sumai, María Lado, Victor Freixanes, Francisco Castro, Paula Carballeira, Marta Somoza e Carlos Meixide. Todos eles autores de primeira liña da literatura galega infantil e tamén de adultos.

Os textos complementan as letras das cancións e danlle unha dimensión literaria importante a este traballo de Magín Blanco.

 

31/03/2016
O cantautor galego Manolo Couto presentará este domingo, 3 de abril, o seu cuarto disco "Tesouros ocultos" en Barreiros.
 
Este domingo, 3 de abril, o intérprete galego Manolo Couto presentará o disco titulado Tesouros Ocultos.  Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 18:30 horas e está organizado pola Concellería de Cultura de Barreiros a través da súa Oficina de Información Xuvenil.
 
Neste espectáculo musical o cantautor, humorista e intérprete galego presentará o que é o seu cuarto disco e que leva por título Tesouros Ocultos. Este traballo está composto por famosos clásicos do vinilo como Os Panchos ou Pucho Boedo, e composicións do propio Manolo Couto con denuncia de temas de actualidade tales como o maltrato ou os incendios forestais.
 
 
Etiquetas:
16/03/2016
Este jueves, 17 de marzo, se presenta en el Teatro de Ribadeo el segundo disco con canciones de José Pulpeiro Doval.

 

Este jueves, día 17 de marzo, en el Teatro de Ribadeo a las ocho y media de la tarde se presenta el segundo disco CD 17 Canciones Diversas grabado por José Pulpeiro Doval, con el nombre artístico de O Gallopín, que “se formó en el estudio de Josito de Ribadeo, pasando al estudio de grabación Son Natural, de Xabier Olite,  en Angueira de Castro, Rois, Santiago de Compostela. Queremos exponer que una vez formulado el primer disco CD 11 Canciones Diversas fue tan bien acogido por todo Ribadeo, pueblos vecinos y demás en general, que los 300 que se grabaron se terminaron, digamos que en un tiempo record. Así, decidimos poner a disposición de los queridos vecinos y demás latitudes 300 unidades del nuevo CD y 100 del primero, con un módico precio de 10 euros, de los que 3 serán para una ONG y 7 para ayuda del coste de la...

leer más
Etiquetas:
11/11/2015
En Foz a Librería Bahía abrirá as súas portas ata as dez da noite o 13 de novembro. Así conmemora o Día das Librerías. E haberá unha actividade infantil o 14 de novembro.
 
Este venres, 13 de novembro, celébrase o Día das Librerías. “Con esta conmemoración as libreiras e libreiros queremos destacar o papel que xogan as pequenas librerías no desenvolvemento cultural e social da comunidade á que pertencen”, sinalan desde Bahía.
E engaden que “todas as librerías que nos acollemos á celebración abriremos as nosas portas ata as 10 da noite e faremos un desconto do 5% en tódolos libros durante todo o día”.
Desde a Librería Bahía subliñan que “ademais celebrarémolo cun concerto-presentación do libro disco infantil Un conto ao revés, do grupo Chuches a mil. Será o sábado, 14 de novembro, ás 12 da mañá”.
 
Etiquetas:
15/10/2015
Este sábado, 17 de outubro, na Librería Bahía de Foz estarán As Maimiñas presentando o seu disco-libro "Unha viaxe polo mundo".

 

Este sábado, 17 de outubro, ás doce da mañá estarán na Librería Bahía As Maimiñas, nun concerto presentación do seu libro-disco "Unha viaxe polo mundo". Esta actividade está dentro do programa "Os venres nas librerías", que desenvolven a Federación de Libreiros e a Asociación Galega de Editores e apoia a Xunta de Galicia e na que participa Librería Bahía. A actividade é aberta.

12/05/2015
Este xoves, 14 de maio, preséntase en Mondoñedo o disco "Dende a beira do Masma". Será no Centro Comarcal ás oito e media da tarde.
 
O disco titulado Dende a beira do Masma, que foi musicado por Xan Carballal sobre textos de poetas mindonienses, será presentado este xoves, 14 de maio, ás 20:30 horas no salón de actos do Centro Comarcal de Mondoñedo.
No acto participarán Alfredo Llano, en representación da Deputación Provincial de Lugo; o cronista oficial de Mondoñedo, Antón Reigosa; e o autor da música, Xan Carballal.