Presentación

Etiquetas:
04/09/2024

Aurora Marco presenta este venres, 6 de setembro, o seu último libro “Carmiña Sierra: a primeira muller do Seminario de Estudos Galego”, de Alvarellos Editora, no Lugar das Marías (A Rigueira-Xove). 

A obra foi finalista nos Premios Follas Novas como un dos mellores ensaios de 2023, premio que co que autora xa fora galardoada en 2021 coa obra “Irmandiñas”. 

A cita terá lugar a partir das 20:00 horas na Rigueira no marco do programa "Contos con café á italiana", que promove o Lugar das Marías e que contará con varias autoras ao longo de 2024. 

30/08/2024

O vindeiro xoves, 5 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro "Un Camino de Cine Xacobeo", escrito pola xornalista Pilar Falcón Osorio. Será no Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo. 

Este evento contará coa intervención de Luis Fernández, presidente da FEGAC, Fernando García, bispo de Mondoñedo, Manuel A. Otero, alcalde de Mondoñedo, e a propia autora, Pilar Falcón. 

A presentación está organizada polo Seminario Conciliar Santa Catalina e polo Concello de Mondoñedo.

 

25/08/2024

O domingo 1 de setembro celebrarase no Campo Municipal de Alfoz unha festa para presentar a nova tempada futbolística.

A apertura de portas do evento será ás 14 horas e haberá unha sesión vermú coa actuación musical de Carta de Ajuste, coas súas versións de temas dos anos 80 e 90. Ao remate seguirá o DJ local Julián Gómez.

Ás 18 horas a festa seguirá dentro do térreo de xogo, cun partido amigable do CD Alfoz ante o CD San Ciprián.

 

Etiquetas:
21/08/2024

A Agrupación Cultural Francisco Lanza presentará o 29 de agosto unha edición facsímile do “Ribadeo Antiguo”. Será ás 20:30 horas na Biblioteca El Viejo Pancho. 

Participarán o cronista oficial de Ribadeo, e ex presidente da AC Francisco Lanza, Eduardo Gutiérrez Fernández, un representante da Editora Gráficas Lar, de Viveiro, o deputado provincial da Mariña, Daniel García Fernández, e o presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, Farruco Graña.

25/07/2024

O acto terá lugar ás 20 horas na Casa da Cultura do Valadouro o vindeiro sábado, día 27. 

Trátase da presentación do Caderno 14 do Seminario de Estudos do Valadouro: A casa grande, de Isaac Ferreira. 

Organiza o Seminario de Estudos do Valadouro co que colabora o Concello de Alfoz. 

30/06/2024

Librería Bahía, de Foz, presenta o libro “O azul entre o ceo e a auga” nun encontro coa súa tradutora, Rocío Viéitez. Será o día 3 de xullo, mércores, ás 20:30 horas.  

“O azul entre o ceo e a auga” é unha novela da autora palestina Suzan Abulhawa, traducida ao galego por Rocío Viéitez Ferro, quen ademais dirixe a colección Candemaia, galardonada co premio Follas Novas á iniciativa bibliográfica.

Librería Bahía anuncia que o próximo mércores, 3 de xullo, “teremos un encontro con Rocío para falarmos da novela e a súa tradución e de Candemaia. Non faltedes!”.

15/05/2024

A autora Rosalía GT presenta o seu libro titulado “Unha pedra no zapato” este venres, 17 de maio, ás 19:00 horas na Biblioteca Municipal de Ribadeo.

“Escribín un libro que convida a autoindagación, combinando feminismo, autocoñecemento e o coidado da nosa lingua”, explica Rosalía GT.

 

Etiquetas:
25/04/2024

O libro titulado “Mariña inmaterial. Xeografías míticas e sagradas”, escrito por Rafael Quintía Pereira, será presentado na Sala As Carboeiras, local do Concello de Cervo situado no conxunto histórico artístico de Sargadelos. Será este sábado, 27 de abril, ás 18:00 horas.

No acto participarán o autor, Rafa Quintía; o presidente da asociación Mariña Patrimonio, Manolo Miranda; e Irene Sineiro, editora. “Xuntos exploraremos o rico patrimonio inmaterial da Mariña Lucense, destacando a importancia de preservar as nosas tradicións e lendas para as xeracións vindeiras”, explica a editorial Ouvirmos.

Etiquetas:
16/04/2024

“Feminismo en cen palabras” é o título do libro que recolle os termos imprescindibles para falar de feminismo co rigor necesario e que será presentado pola súa autora, Luca Chao (Lugo, 1988), este sábado, 20 de abril de 2024, ás 19 horas na Casa de Cultura de Foz. 

É un acto organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, colectivo que explica: “observamos habitualmente que para describir accións e políticas feministas aparecen termos e palabras que se ven distorsionadas e baleiras de contido ao ser mal utilizadas e banalizadas en contextos inapropiados. Xunto a Luca Chao descubriremos o valor da linguaxe, a importancia de nomearnos a través das palabras e de recoñecer o seu correcto significado para a comprensión do feminismo. Animamos a participar no acto para coñecer o libro e á súa autora”.

 

31/03/2024

O vindeiro domingo, 7 de abril, ás 12 do mediodía, o escritor Lionel Rexes poñerá fin á etapa de presentacións da novela A montaña do poeta na Casa da Penela (Vilamor, Mondoñedo), xa que en maio chegará ás librarías a súa nova obra, desta volta publicada por Edicións Embora, trátase de Nove lúas, gañadora do Premio de Novela Neira Vilas o pasado ano.

A montaña do poeta obtivo o premio de novela Lueiro Rey do Concello do Grove en 2021, e foi publicada por Xerais hai ano e medio. 

Despois de ter sido presentada en diversas localidades, o autor alfocés pon fin á tempada de promoción desta obra, colofón que se celebrará nun establecemento emblemático para o mundo da cultura, o espazo turístico Casa da Penela, lugar onde o autor se inspirara para escribir a súa primeira novela, A raíña das velutinas.

... leer más