CD Alfoz

05/02/2025

Este domingo, día 9 de febreiro, ás 17 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz presentarase a primeira parte dun documental de homenaxe ós máis de 40 anos de vida do C.D. Alfoz.

Nese vídeo recóllense anacos de historia da boca de moitos dos protagonistas dos anos dourados do club, explican os organizadores desta actividade.

14/12/2024

O Club Deportivo Alfoz organiza unha cea baile que se celebrará o día 21 de decembro, sábado, no pavillón municipal.

O menú está composto por callos, costela asada, sobremesa, café, chupito, pan, auga e viño.

As actuacións musicais correrán a cargo de Juan de Celsa, ás 20:00 horas, e do dúo Estrellas, ás 24:00 horas. E tamén haberá sorteos.

Os prezos son: 25 euros para os socios, 28 euros para os que non os son e 15 euros para os nenos de 5 a 10 anos de idade.

25/08/2024

O domingo 1 de setembro celebrarase no Campo Municipal de Alfoz unha festa para presentar a nova tempada futbolística.

A apertura de portas do evento será ás 14 horas e haberá unha sesión vermú coa actuación musical de Carta de Ajuste, coas súas versións de temas dos anos 80 e 90. Ao remate seguirá o DJ local Julián Gómez.

Ás 18 horas a festa seguirá dentro do térreo de xogo, cun partido amigable do CD Alfoz ante o CD San Ciprián.