Tecnoloxías
O Concello do Valadouro ofrece actividades para adultos sobre novas tecnoloxías desde o día 4 de febreiro, martes. Serán na Sala de Informática da Casa da Cultura.
“Comezamos o 4 de febreiro de 2025 ás 11:00 horas na Casa da Cultura. O horario de 4 de febreiro a 15 de abril é os martes laborables de 11:00 a 12:30 horas; e desde o martes 22 de abril ó 27 de maio, de 10:30 a 12:30 horas. Podes consultar a listaxe de admitidos na sede electrónica do concello do Valadouro:...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá os días 23 e 24 de agosto uns obradoiros tecnolóxicos para a rapazada. Para participar é preciso inscribirse ata o día 22. As prazas son limitadas e poden reservarse online en cemit.ribadeo.gal ou en https://tinyurl.com/2adbref6
O 23 de agosto os obradoiros estarán destinados a nenas e nenos de 8 a 11 anos. E o 24 de agosto para rapazas e rapaces de 12 a 15 anos. O horario será de 10 a 13 horas.
Desde a Concellería de Mocidade explican que “se trata de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas á rapazada, especialmente ás nenas, para rachar estereotipos e espertar o seu interese e confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (acrónimo de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, artes e matemáticas)...
leer más