Nove locais participarán os días 12, 13, 20 e 21 de maio na X Ruta de Pinchos do Vicedo. Organizan: Concello e Acia.

A X Ruta de Pinchos en O Vicedo celébrase os días 12, 13, 20 e 21 de maio.

As elaboracións dos nove establecementos participantes poden degustarse os venres e sábados entre as 20:00 e as 23:00 horas, e os domingos de 12:00 a 15:00 horas. O prezo do pincho é 1´5 euros e haberá premio ao mellor elixido polo público. Ademais sortearanse dous vales de compra de 100 euros entre todos os votantes, un por cada ruta, doados polos propios establecementos.

A primeira ruta ten lugar o venres 12 e o sábado 13 en Cafetería Casa da Cultura, Mesón O Remo, Café-Bar San Esteban, La Bodeguita del Puerto e Merendero Los Árboles.
A segunda ruta desenvólvese o sábado 20 e domingo 21 en Chiringuito de Abrela en Suegos, Restaurante Area Grande e Casa Fanego en San Román, e Café-Bar Alba e O Folgueiro.

A entrega do premio do público ao mellor pincho e o sorteo dos dous vales de compra terá lugar o día 22 de maio ás 18:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo.

Esta X Ruta de Pinchos está organizada polo Concello de O Vicedo e colabora a ACIA de O Vicedo.