Nordés organiza unhas xornadas que pretenden ser un punto de inflexión para a esta zona. “Dende o século XIX o eucalipto comeza a expandirse pola zona costeira do Ortegal e A Mariña substituíndo ao bosque autóctono e aquelas parcelas dedicadas a cultivos e pastoreo que quedan sen uso. A rendabilidade económica do eucalipto ante outras especies fixo que na paisaxe costeira se convertese no rei. Mais.. Por qué? Era realmente a única alternativa? Existen hoxe en día outras que beneficie a propietarios e medio ambiente? A quen é favorable a lexislación actual? Como deberíamos interpretala?”, sinalan desde Nordés.
Os organizadores explican que “para responder a estas preguntas e achegar a toda a poboación as posibilidades que existen hoxe en día en canto ao aproveitamento do noso monte, organizamos as seguintes charlas para a xornada do sábado 18 de marzo, a partir das seis da tarde, na Casa da Cultura do Vicedo. Alí estarán: Xosé Abeiros, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), presentará o proxecto "Cousas de raíces" que naceu no 2014 onde afondará nas alternativas ao eucalipto e na lexislación galega; Sergio París, Enxeñeiro Técnico Forestal, aportaranos unha visión xeral sobre os usos do monte galego, así como a súa utilidade para a cidadanía e o impacto do eucalipto ao longo dos anos; e para finalizar esta xornada contaremos coa experiencia de Fran Domínguez, resineiro de Loiba, que nos falará do aproveitamento alternativo do noso bosque”.
As Xornadas Forestais están organizada por Nordés e contan coa colaboración de Adega e Cousa de Raíces.