A asociación Nordés Faladora organiza para o 5 de novembro unha visita guiada a Lugo centrada no patrimonio romano e prerromano da cidade.
Esta visita percorrerá lugares tan interesantes como a Casa dos Mosaicos, o Museo Provincial, o Centro de Interpretación da Muralla e a Domus Mitreo tendo como guía á Directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro.
O transporte será en autobús desde O Barqueiro ou O Vicedo. O prezo é de 20 euros por persoa, 15 euros para os asociados, incluído o xantar. O número de prazas é de 25 polo que se atenderá a inscrición por orde temporal e pode facerse a través do enderezo electrónico asociacion.nordes@gmail.com, do facebook de Nordés www.facebook.com/nordesfaladora ou chamando ao número de teléfono 653 756 454 (Ricardo).
A saída está prevista para o sábado ás 9:00 horas do Teleclube do Barqueiro ou ás 9:15 horas da Casa da Cultura de O Vicedo.