Dentro da programación sociocultural da Casa da Cultura de O Vicedo para este mes de Nadal figura unha videoconferencia con Papá Noel que terá lugar o 13 de decembro, ás 10:30 horas desde a Aula Cemit.
O 18 de decembro ás 18:30 horas celebrarase un festival folklórico dos grupos Asociación Valdeflores de Xunqueira e Os do 21.
Ademais iniciaranse os ensaios do Festival de Nadal o 28 de decembro en horario de mañá para os grupos dos maiores e de tarde para os pequenos. O Festival será o 8 de xaneiro ás 18:30 horas.
Por outra banda en xaneiro tamén haberá unha viaxe a XuvenLugo o sábado, día 7, destinado a nenos, nenas e xóvenes con idades entre os 3 e os 18 anos. As anotacións deberán facerse na Casa da Cultura desde o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro ás 14:00 horas. A entrada e o autobús serán gratuitos cun máximo de dous autobuses.