Nenos
Mondoñedo ofrecerá aos nenos durante este Nadal varias xornadas de actividades con ata dez tipos de colchonetasdiferentesno pavillón municipal.
O Infantipark estará dispoñible dende o martes 26 pola tarde ata o 30 de decembro en horario de mañá de 11:00 a 14:00 horas, por un prezo de catro euros; e de tarde de 16:30 a 20:30 horas por un custo de cinco euros.
O edil de Educación, Alberto García, explica que o Infantipark dispón de monitores que se encargan do coidado dos nenos mentres os pais poden permanecer nas gradas do pavillón municipal ou incluso aproveitar os descontos que ofrece a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Mondoñedo en establecementos asociados.
O Goberno municipal engade que os pais que presenten o resgardo de adquirir a entrada do Infantipark terán...
leer másCaramuxo Teatro representará a obra Feo no Teatro Pastor Díaz de Viveiro este sábado, 23 de decembro, ás 18:00 horas. Trátase dunha comedia inspirada en O parrulo feo de Hans Christian Andersen que recibiu o premio María Casares 2016 ao mellor espectáculo infantil.
Tamén no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o martes, 26 de decembro, ás 18:00 horas, Pomper Pompería presentará un espectáculo de pompas de xabón.
O mércores, 27 de decembro, ás 21:00 horas, a Banda Municipal de Música de Viveiro ofrecerá o concerto de Fin de Ano.
O xoves 28, ás 20:30 horas, Abarajar presentará o espectáculo de maxia O camino máxico co Mago Rafa, o Mago Teto e Dani Polo.
O espectáculo infantil Picariño estará en Barreiros o vindeiro martes, 26 de decembro. Trátase dunha actividade de dinamización lingüística, que organiza a Rede de Dinamización Lingüística, da Xunta, coa colaboración do Concello barreirense.
Esta representación terá lugar ás 12:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.
Trátase dun concerto didáctico, destinado a un público infantil e familiar, que é un proxecto musical que une tres figuras representativas da historia da nosa música e das nosas letras.
En Picariño interveñen Pura e Dora Vázquez con Senén Vaamonde, Alfredo e Manuel (A Roda).
O pavillón municipal de San Cosme será escenario o vindeiro sábado, día 23, de moitas actividades para os máis pequenos, entre as que destaca a especial recepción que ofrecerá Papá Noel aos asistentes.
Esta festa de animación infantil desenvolverase entre as 16:00 e as 19:00 horas.
Os nenos e nenas poderán participar en obradoiros, atraccións... Tamén gozarán dunha chocolatada e de gominolas. E haberá ambientación musical.
A organización agradece a todos os asistentes que leven alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos. Para atender esta petición haberá un punto de recollida destes produtos no propio pavillón de San Cosme.
O vindeiro venres, 1 de decembro, dará comezo unha nova edición do obradoiro de teatro infantil que organiza o Concello de Cervo cada ano, a través da delegación de Cultura.
Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, o taller está dirixido a rapaces de entre 6 e 16 anos, que serán os que conformarán, un ano máis, o grupo de teatro municipal PimPim.
O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 29 de novembro.
A actividade será cada venres no Auditorio da Casa da Cultura, no horario que se determinará en función das inscricións. O xoves, 30 de novembro, informarase aos anotados por vía telefónica.
O obradoiro será impartido de novo pola edil de Cultura, que “destaca o gran éxito que está a ter ano tras ano esta iniciativa, tendo en conta...
leer másO Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 18 de novembro, ás 18:00 horas, a representación de O Faiado.
O Teatro O Cubo presenta esta obra do xénero musical dirixida a un público infantil, maior de 3 anos. Ten unha duración de 40 minutos.
A historia cóntanos como Vera, Roi e Anxo, tres irmáns con xeitos moi diferentes de ver o mundo, tras un acontecemento familiar que pode cambiar o curso das súas vidas, vense na necesidade de chegar a un acordo co cal terán que confrontar os seus idearios. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles conto una súa infancia.
Diversas disciplinas como a música, a danza, o circo e os monicreques, combínanse para desenvolver esta historia dirixida ao público...
leer másPasado mañá, 5 de novembro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, imos ter en Xove á familia animada máis famosa de Galicia Os Bolechas co espectáculo “De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas”.
A actuación vai dirixida a todos os públicos, en especial a tódolos nenos/as.
O espectáculo: Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, celebrará un ano máis o Samaín con múltiples actividades dirixidas aos máis pequenos da casa.
Deste xeito, tal e como apuntou Caramés, deseñamos unha programación que abrangue dende o domingo 29 de outubro, ata o 1 de novembro, Día de Todos Os Santos.
De tal xeito, que para o domingo estamos a preparar un taller de cociña infantil, para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que se desenvolverá na Casa do Mar, entre as 12:00 e as 13:30 horas.
O martes, 31 de outubro, terá lugar a Festa infantil entre as 18:30 e as 20:30 horas, na Casa do Mar de San Ciprián “que contará co espectáculo Casa Encantada, ademais de xogos, baile, maquillaxe de terror e moitas outras sorpresas terroríficas”.
... leer másEn Ourol terá lugar o 21 de outubro un obradoiro de biotecnoloxía dirixido a rapaces de 6 a 12 anos.
Biotecnólogos na Biblioteca será o obradoiro que Efervesciencia impartirá na Biblioteca Municipal de Ourol, este sábado, 21 de outubro, a partires das 12:00 horas.
Dirixido a rapaces/as de 6 a 12 anos mostrará, a través de experimentos curiosos e sinxelos, a parte máis divertida da ciencia coa que os asistentes aprenderán o que é a biotecnoloxía.
A inscrición é ata o día 20 de outubro e pode facerse no teléfono 982 55 90 19 ou entregando a documentación na Casa da Cultura.