O vindeiro venres, 1 de decembro, dará comezo unha nova edición do obradoiro de teatro infantil que organiza o Concello de Cervo cada ano, a través da delegación de Cultura.
Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, o taller está dirixido a rapaces de entre 6 e 16 anos, que serán os que conformarán, un ano máis, o grupo de teatro municipal PimPim.
O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 29 de novembro.
A actividade será cada venres no Auditorio da Casa da Cultura, no horario que se determinará en función das inscricións. O xoves, 30 de novembro, informarase aos anotados por vía telefónica.
O obradoiro será impartido de novo pola edil de Cultura, que “destaca o gran éxito que está a ter ano tras ano esta iniciativa, tendo en conta que por exemplo na pasada edición foron preto de 40 os nenos que participaron nesta actividade pensada para eles, para os máis pequenos do Concello, coa que pretendemos que as tardes dos venres sexan lúdicas e didácticas á vez, que pasen un anaco divertido, ao tempo que van adquirindo habilidades de comunicación” , e, a través dos xogos –engadiu- “semana a e perdendo ese medo escénico, presente inicialmente en moitos casos”.