Nenos
Este sábado, 27 de abril, ás 12 da mañá, na Sala Bahía de Foz o músico Fran Amil, acompañado de Ricardo Casas ao saxofón, estará en concerto cos Monstros Acústicos..
Este concerto ten de especial, que xunto aos músicos participarán nalgúns números, as alumnas e alumnos da asignatura Música e Movemento da Escola de Música de Foz.
Este grupo coa súa profesora África leva preparando durante o curso o acompañamento e a coreografía dalgunhas das cancións que escoitaremos no concerto, e ese día terán ocasión de ser tamén protagonistas.
O concerto está organizado pola asociación de nais, pais e alumnado adulto da Escola de Música de Foz en colaboración coa dirección da Escola e trátase dun formato novedoso, moi interesante a nivel pedagóxico para os alumnos que participan, e un reto tamén para...
leer másO Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 16 de marzo, a representación de "A nena e o grilo máis aló", a cargo de Teatro Ghazafelhos. Dará comezo ás 18:00 horas e está dirixida a nen@s maiores de 3 anos.
Conta a historia da nena e o grilo que esmagan sen querer á súa amiga, a araña Xertrude. Buscando un xeito de devolverlle á vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos, onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.
Baixo a dirección de Pepablo Patinho quen, xunto a Magín Blanco, tamén é autor da obra, o elenco de actores e actrices está formado polo propio Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas, e Magín –guitarra e voz- e Cristian Legiero –teclado-.
O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido que terá lugar o luns, 4 de marzo ás 17:30 horas na praza dos Campos en San Ciprián.
Haberá pasarrúas a cargo da asociación Rebolaxe, inchables, talleres, música e servirase chocolate aos asistentes. Tamén terá lugar o espectáculo-show infantil Mundo Disney.
A compañía A Xanela do Maxín ofrecerá o 23 de febreiro unha actuación do seu espectáculo O Murmurio do Mar no auditorio da Casa da Cultura a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Trátase dunha montaxe escénica e musical destinada ao público familiar que, ademais de conxugar música e teatro, tamén achega unha nova maneira de ver e escoitar o mar con monicreques, lendas e cancións. A función terá lugar no auditorio de Burela este sábado, 23 de febreiro, ás 18:00 horas. As entradas custan 2,5 euros e pódense adquirir na billeteira do propio auditorio o mesmo día da función a partir das 17:00 horas.
En O Murmurio do Mar, a través da música, monicreques e obxectos, “somérxenos nun universo tan real como lendario, un mundo mariñeiro do que sabemos algunhas cousas e descoñecemos moitas outras, porque o mar trae...
leer másO Concello de Barreiros continúa coa súa programación de Nadal cunha actuación teatral que terá lugar este xoves, día 3, e a cabalgata de reis e o nacemento vivente que se celebrarán o sábado, 5 de xaneiro.
O grupo Palimoco Teatro representará Queres que cho conte?. A obra, dirixida ao público familiar, será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, ás 12:00 horas. Esta actuación está incluída no programa Nadal pola Provincia, que desenvolve a Deputación de Lugo.
O sábado, 5 de xaneiro, ás oito da tarde terá lugar a apertura ao público do nacemento vivente. E celebrarase a tradicional cabalgata de reis. A comitiva chegará ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro arredor das 20:15 horas.
Todas estas actividades están organizadas pola Concellería de...
leer más
Este mércores, 26 de decembro, o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a representación de Lila Teatro titulada "Duncan de palleiro". Será ás 18:00 horas e está dirixida ao público infantil de 3 a 12 anos.
Conta a vida dun can de palleiro moi especial chamado Duncan. Leva unha vida sinxela, á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha pequena aldea no medio das montañas. Duncan ama profundamente aos nenos e nenas e alí onde vai leva consigo unha gran sorpresa que non deixa indiferente a ninguén.
A obra é propia da compañía e baixo a dirección de Lila Teatro está protagonizada por Linés González e Lara Manzano. Está incluída no programa Proscenio da Deputación de Lugo.
A Concellería de Cultura apostou un ano máis pola instalación dunha carpa na Praza da Mariña con actividades para @s nen@s durante as festas de Nadal.
Estará aberta desde hoxe ás 17:00 horas ata o día 7 de xaneiro. Haberá obradoiros, xogos, photomaton, karaoke e inchables. Os horarios serán de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 21:00 horas durante as tardes.
O día do neno será o 7 de xaneiro. Será a última xornada destas actividades que serán gratuítas durante esa xornada.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, pensa que “será, como nos dous anos anteriores, un espazo para a diversión dos máis pequenos e das familias, a salvo das inclemencias meteorolóxicas e nunha época na que hai moito movemento comercial e de ocio polas rúas de Burela”.
O edil burelés...
leer másA primeira, o belén de plastilina, terá lugar esta mesma fin de semana; mañá ás 12:00 horas na Casa da Cultura, en San Ciprián; e o domingo, na biblioteca de Cervo, á mesma hora.
Ademais, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar nestas datas de lecer, a delegación de Educación, que dirixe Dolores García Caramés, programou unha nova edición dos Enredos de Nadal que terá lugar o 24, 26, 27 e 31 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro; en Cervo e en San Ciprián. En horario de 11:00 a 12:30 horas para o alumnado de infantil e de 12:30 a 14:00 horas para o de primaria.
A este programa súmase o de Cervo Concilia no Nadal -en horario de 9:00 a 14:30 horas-; o 24, 26, 27 , 28 e 31 de decembro; e o 2, 3 e 4 de xaneiro.
Inscricións na Casa da Cultura ou no Concello de Cervo,...
leer másO Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 1 de decembro, o espectáculo de música infantil Eu cociño, ti cociñas?, a cargo do grupo Mamá Cabra, a partir das 18:00 horas.
Conta a historia de Timoteo que cambiou o seu quiosco por un restaurante que se chama Coki. Tan preocupado estaba porque os nenos e nenas comerán saudable que ademais ten un blog, e as súas receitas teñen uns ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor…
Esta é a última montaxe de Mamá Cabra, un divertidísimo espectáculo músico-teatral que parte dunha proposta metodolóxica innovadora, onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e desenvolver as competencias básicas do alumnado. Eu cociño, ti cociñas? é tamén un libro, publicado por Galaxia...
leer másLibrería Bahía organiza dúas sesións de contacontos este sábado, 24 de novembro, en Foz e Ribadeo.
Ás 12:00 horas na Librería Bahía de Foz terá lugar unha sesión de contacontos a cargo de Verdemar. Trátase do selo infantil da editorial Alvarellos que presentará os contos Miña profe é un monstro e Queres ler un libro comigo?, nos que os protagonistas son un neno que busca con quen compartir as súas lecturas favoritas, e outro que non ten moi claro se a súa profe é un monstro ou un encanto.
Esta sesión de contacontos celebrarase na Librería Bahía de Ribadeo este mesmo sábado 24 ás 17:00 horas.