Nenos
O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 10 de novembro, ás 18:00 horas a representación da obra/espectáculo Aguratrat a cargo de Cía. Pérez&Fernández.
Trátase dunha adaptación teatral do libro Esio Trot de Roald Dalhl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. Conta unha historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza.
Aguratrat é a segunda montaxe para público familiar da Cía. Pérez&Fernández, creadores de O poder de Amable.
O elenco artístico está composto por Manu Fernández, Victoria Pérez e Xosé Leis, estes dous últimos dirixen ademais o espectáculo.
O Concello de Cervo programa para esta fin de semana varias actividades para o público infantil. Este sábado, 20 de outubro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián terá lugar un obradoiro no que os pequenos e pequenas poderán construír o seu propio superhéroe ou superheroína. Está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
E o domingo, 21 de outubro, ás 12:00 horas na biblioteca de Cervo celebrarase un taller no que os nen@s confeccionarán unha máquina de facer debuxos animados.
Este domingo, 14 de outubro, da comezo en Ribadeo a XVI Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón que, por primeira vez, está dedicada integramente aos nenos e nenas. No Cine Teatro o grupo Trécola presentará Choruma, un espectáculo para pícaros ata os 4 anos. A mostra seguirá os domingos 21 e 28 de outubro coas seccións infantís de A Adala e Ollomao. O evento foi presentado polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e por Mati González, viúva de Daniel Cortezón.
O edil de Cultura dixo que “un ano máis vai ter lugar a Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que neste 2018 chega á súa edición número 16. Este ano ademais ten moitas novidades. Aínda que xa nalgunha ocasión fixemos teatro para críos, nesta ocasión imos facer unha Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón dedicada ao público infantil, onde ademais van ter...
leer másO Concello de Cervo abriu hoxe, mércores, o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais ofrecendo un amplo abanico de actividades –ata quince- pensadas para todos os públicos.
O edil de Deportes, José Ramón Soto, e a de Educación, Dolores García Caramés, desprazáronse ata os centros educativos da localidade para entregar aos pequenos e pequenas o folleto informativo e as inscricións, que poden entregar na Casa do Mar, na Casa do Concello ou ben ao monitor/a correspondente o día que dea comezo a actividade.
Os pequenas e pequenas poderán asistir a actividade de pequexogos, fútbol sala, patinaxe artística, tenis e ping pong, pádel, bádminton (novidade como actividade independente, xa que anteriormente incluíase nos xogos de raqueta) multideporte –hóckei, atletismo, xogos populares…-, ou...
leer másA proxección vaise desenvolver mañá, venres 21 de setembro, a partires das 21:30 horas na Praza do Centro Cívico. Se non valese para realizar a proxección na Praza, por calquera razón climatolóxica, a mesma pasaríase ao interior do Pavillón, polo cal, podemos dicir, que a proxección está garantida.
Está organizada pola Rede de Dinamización Lingüística, dentro do Programa Redecinema da Xunta de Galicia. Nesta actividade colabora a Concellería de Cultura do Concello de Xove.
A entrada a esta proxección é de carácter totalmente libre e gratuíta. Dende o Concello invitamos a tódolos nenos e nenas de Xove e de A Mariña a que asistan a esta proxección, actividade coa que o noso Concello pon punto final a unha intensa programación estival.
Pérez, o ratiño dos teus soños é unha coproducción...
leer másO vindeiro martes, 4 de setembro, terá lugar na Casa da Cultura do Concello de O Vicedo un obradoiro titulado Monta e pilota un dron Tech Kids.
A actividade, de carácter gratuíto, enmárcase no programa Tech Kids en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia. Está dirixida a nenos e nenas con idades entre 8 e 12 anos, e desenvolverase en horario de 9:00 a 14:00 horas.
As prazas son limitadas e as inscricións deben facerse na aula CeMIT de O Vicedo ou nos teléfonos 982 59 01 95, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e 687 28 80 08.
Organizan: Xunta de Galicia, Axencia para a Modernización Tecnolóxica, Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica e Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.
O Cantón de Vilanova de Lourenzá acollerá este mércores, día 22, a partir das 13:00 horas unha actividade infantil de contos, debuxos e degustación gratuíta de produtos da marca Clesa. Anunciouno hoxe o Concello de Lourenzá.
A actividade, denominada Clesacontos, correrá a cargo do colectivo Polo correo do vento e está dirixida “ó publico familiar e ós máis pequenos da casa”. Está previsto desenvolvela no Cantón de Vilanova, pero en caso de mal tempo trasladarase ás instalacións do mercado comarcal.
O colectivo Polo correo do vento ofrecerá un espectáculo de “contacontos ilustrados que rematarán coa realización dun obradoiro de debuxo, no que explicarán o ciclo do leite e a importancia da calidade e trazabilidade en todos os produtos de Clesa”. Os obxectivos son “dar a coñecer a importancia da historia da empresa e...
leer másEste luns, 20 de agosto, celébrase o Día do Neno, dentro do programa das festas de San Bartolo, en Xove.
As actividades para esta xornada, festivo local en Xove, darán comezo ás 17:00 horas e terán lugar na praza do Centro Cívico. Haberá inchables e xogos como Tragón, Tigre, Supper Wipe Out, Futbolín Humano, Superbarredora y Deslizador Acuático (para realizar este xogo os nenos e nenas que participen deberán ir provistos dun bañador xa que se realiza nunha rampa con auga e remata nunha pequena piscina).
Ademais ás 22:00 horas no salón de actos do Centro Cívico o director de cine xovense Lázaro Louzao presentará a súa longametraxe Nove de novembro.
As actividades programadas polo Concello de Xove para as festas patronais deste ano continuarán con máis actividades como dúas exposicións, de...
leer másBarreiros acolle o vindeiro domingo, 8 de xullo, unha actividade de promoción da lingua galega para a que contará coa presenza de Os Bolechas.
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros, será escenario do espectáculo O Amigo Monte, de Os Bolechas a partir das 12:30 horas.
A actividade está incluída no programa de animación lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia. O Concello colabora con este acto.