Mulleres

Etiquetas:
05/03/2021

Mañá, sábado, terá lugar no Vicedo a representación da obra "La Pimentera" na que se aborda unha temática moi interesante no marco do 8m: O papel das mulleres nos pobos. 

Será ás seis da tarde na Casa da Cultura. Como sempre tomaranse todas as medidas de aforo e distancias establecidas pola Xunta de Galicia en relación coa COVID-19.

 

Etiquetas:
04/03/2021

O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, vai celebrar o día da muller cunha homenaxe  ás mulleres que colaboraron na confección de máscaras durante o estado de alarma. 

Este acto vaise celebrar o sábado, 6 de marzo, ás 12:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove.

 

Etiquetas:
02/03/2021

O vindeiro 6 de marzo Ribadeo renderá homenaxe a todas as mulleres coa inauguración dunha escultura de ferro, que foi deseñada pola artista Ana Vidal Suárez e realizada polos Ferreiros de Mazonovo. Deste xeito conmemorarase o Día Internacional das Mulleres.  

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, sinalou que “este 8 de marzo, marcado pola pandemia que estamos a vivir desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeo queremos aproveitar esta efeméride para facer un homenaxe a todas as mulleres do noso concello. Queremos ensalzar ás mulleres, como provedoras deses coidados invisibles en moitas ocasións, como suxeitos que resisten e soportan as discriminacións cotiás polo único feito de ser mulleres. Como aquelas, que están a sufrir aínda máis as consecuencias da pandemia. Por elas e para elas !! Por iso, o vindeiro 6 de marzo ás 12....

leer más
28/02/2021

Desde Galegas 8M “queremos facer un chamamento-convite para que todas as mulleres da vila, desde as súas fiestras e balcóns fagan unha reivindicación, esixan un auto-recoñecemento...
- un intento de compensar ás devanceiras, ás que nos precederon.
- unha expresión de gratitude para as que están, para as que estamos, traballando arreo para que este mundo sexa máis xusto, máis igualitario e máis respetuoso cos dereitos humanos
- un vento de esperanza para as que veñen, para que a desigualdade non teña posibilidades de frealas nin atrapalas”.

As organizadoras sinalan que “a vida, non se pode soster sen os coidados, sen as responsabilidades do fogar, sen as atencións invisibles das que as mulleres cargamos ao calado. As mulleres ocupámonos da humanidade, coidamos de todo e de todos. O día 8 queremos que se atendan as nosas...

leer más
Etiquetas:
17/11/2020

O Concello de Foz organiza esta semana un acto de conmemoración de Santa Icía. Será cun concerto de trompas a cargo do cuarteto Catro Cores o sábado, día 21, ás 19 horas na Sala Bahía e para acudir é necesario reservar. O teléfono habilitado é o 982.140.027, extensión 3, do departamento de Cultura. A entrada a este evento será gratuíta.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o concerto segue a liña deste mes, relativa á difusión e empoderamento feminino, xa que o 25 de novembro é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. O venres pasado a compañía Ítaca Teatro levaba á escena a obra Cinco minutos sen respirar, que mostraba ao público o sufrimento das mulleres vítimas de violencia por parte das súas parellas. Neste sábado sairán ao escenario catro mulleres que forman o grupo Catro cores, un...

leer más
Etiquetas:
15/05/2020

O Concello de Xove felicita á Asociación de Mulleres Bolboretas que cumpre o seu trinta aniversario despois de que se fundara oficialmente en maio  de 1990.

Esta asociación ten as súas raíces na Urbanización de Palmeiro, na localidade de Xove, onde hai corenta anos chegaron vivir moitas familias novas, procedentes de distintos puntos da xeografía española. A empresa, naqueles intres Alúmina-Aluminio, hoxe Alcoa, encargou construír vivendas cerca da factoría, para que puideran vivir os empregados e as súas familias.

Contan que comezaron as súas andaduras nun entorno novo, descoñecido e con estraños, pero pouco a pouco, aproveitando todo o que esta situación lles proporcionaba como colexio, instalacións deportivas e club social, foron organizando e participando en diferentes actividades escolares e extraescolares,...

leer más
Etiquetas:
25/03/2020

O Concello e as catro farmacias da vila poñen hoxe en marcha a campaña Mascarilla 19 para prestar atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Aquelas persoas que estean a ser obxecto de agresións nos seus domicilios neste tempo de confinamento, que aproveiten algunha saída para achegarse á farmacia máis próxima e pronunciar as palabras Mascarilla 19. Neste momento activarase o protocolo de violencia de xénero do Concello de Ribadeo e daráselles toda a axuda que precisen. A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, anima á cidadanía a denunciar calquera caso que detecten entre os seus veciños.

A edil ribadense dixo que “desde a Área de Igualdade do Concello e a Mesa Institucional viñemos analizando estes días, nos que estamos todos recluídos nas casas, os riscos que suporía para aquelas mulleres que son vítimas de violencia...

leer más
Etiquetas:
29/02/2020

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou no Salón de Actos do Pazo de San Marcos xunto con María Loureiro, Deputada de Muller e Igualdade, e Gema Domínguez, xestora de Comunicación de Coca-Cola European Partners Iberia, o programa Xira Mulleres, que se desenvolverá durante a primeira quincena de marzo na provincia de Lugo. Trátase dun proxecto que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade e impulsar o emprendemento feminino a través de obradoiros. 

Eses talleres, que impartirá Alma Natura, desenvólvense baixo o nome de Viaxe ao emprendemento, e están destinados a aquelas mulleres que queren emprender e desenvolver unha idea de negocio vencellada ao sector da alimentación e bebidas.

“A igualdade real entre mulleres e homes en todos os ámbitos, tanto social, como económico e laboral, é un...

leer más
28/01/2020

A Delegación de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Viveiro convocan o V Concurso de Fotografía Amateur Traballos e Mulleres para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, que se celebrará o día 8 de marzo.

O prazo de presentación de obras remata o 21 de febreiro e as persoas interesadas poden obter máis información nos números de teléfono 982 55 04 21 e 982 56 21 49 ou no CIM de Viveiro.

Haberá tres premios de 300 euros para o primeiro, 150 euros para o segundo e 100 euros para o terceiro.

 

Etiquetas:
07/10/2019

O Concello de Foz programa para este mes de outubro un ciclo de teatro con catro representacións, todas elas interpretadas só por mulleres. Serán os días 11, 18, 25 e 31 na Casa da Cultura ás 21:00 horas. Foi presentado hoxe, luns, polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro de Cultura, Héctor Moris; e a concelleira de Muller, Verónica Peña.

O venres 11 a compañía Teatro do Atlántico ofrecerá a obra Dúas donas que bailan, coas actrices María Barcala e Mari Ángeles Iglesias.

A seguinte representación será o venres 18 e correrá a cargo de Malasombra Produccións, coa obra Bernarda, que interpretarán Celia González, Luisa Marelas y Esther Aja.

O venres 25 EM2 ofrecerá A noiva de Don Quixote, con Mercedes Castro.

E o ciclo rematará o xoves 31 con Contraproduccións e a...

leer más