Mulleres
A Sala de Exposicións do Complexo Regalxunqueira de Viveiro acolle ata o día 28 de xullo a mostra titulada "Hai Mulleres", de Otero Regal.
Esta exposición presenta retratos ilustrados con poemas e prosa. Unha idea que naceu coma homenaxe á muller. A mostra estivo de xira por outras cidades do Estado.
Os autores dos textos literarios que acompañan á mostra son: Xoan Neira, Javier Rivera, Jaime Oroza, Renata Otero, J.J., Paco Rivas, Manolo Romero Mancha, Carlos Clementson Cerezo, Santiago Lafuente Flors, Virginia Araya, Susana Obrero, MªLuz Escuin, Tirsa Caja, Carlos Boves, Pedro García Cueto, José Luis Morales, Matías Muñoz Borja, Juan Pedro Carrasco García, Graciela Pelegrín, Ezequías Blanco, Isabel Flors Aparicio, Elsa López, Luis Alberto de Cuenca, Javier Lostalé, Cristóbal López de la Manzanara, Pepe Viyuela...
leer másOs días 12 e 18 de xuño terán lugar en Burela tres talleres para mulleres, que se enmarcan no programa Bufando (Burela actÚa Fronte Á Violencia De XénerO).
O día 12 de cinco a sete da tarde o obradoiro leva por título Falemos de igualdade. Aínda é necesario o feminismo?. O día 18 celebraranse dous talleres, un sobre Micromachismos. Detectando as violencias cotiás, que será de 10 a 12 horas e outro pola tarde, esa mesma xornada, sobre Empoderamento e redes de sororidade de cinco a sete da tarde.
Os talleres desenvolveranse no Centro de Formación Ocupacional. As mulleres interesadas en asistir poden inscribirse no CIM, chamando por teléfono ao 982 580 609 ou no email cim@burela.org
Ata finais de abril está aberta no Castelo Castrodouro, de Alfoz, a exposición “Hai Mulleres”, do artista mariñán Alfonso Otero Regal. A mostra foi inaugurada onte.
A exposición está composta por 52 pezas, nas que se mestura poesía, prosa, plástica e escultura. O proxecto conta coa colaboración de 33 autores que realizaron escritos relacionados co nome dunha muller, acompañados por unha peza de Otero Regal, cadro ou escultura, coas que o autor quere homenaxear a todas as mulleres.
Durante o mes de abril o horario de apertura do Castelo do Castrodouro será sábados e domingos de 11 a 14 e de 16 a 19 horas e horario especial de apertura durante a Semana Santa permanecendo aberto martes 16 e mércores 17 de 11 a 14 horas; e xoves 18, venres 19, sábado 20 e domingo 21 de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.
O grupo Cantar delas actuará o vindeiro sábado, 30 de marzo, no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros, ás 19:00 horas.
Neste concerto, enmarcado nos actos de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, Cantar Delas fará un percorrido pola música dende o século XIII ata o XX. Cada letra irá precedida dunha presentación de personaxes femininas que forman parte do imaxinario colectivo e están presentes nas nosas vidas, sen saber en moitos casos quen foron e as razóns polas que pasaron á historia.
Cantar Delas quere dar a coñecer a esas mulleres, o seu papel no cuestionamento da orde social, na loita contra as inxustizas, os motivos polos que foron perseguidas nuns casos, vilipendiadas ou incomprendidas noutros. Deste xeito reivindica ás mulleres que abriron camiño ao longo dos séculos e que...
leer másA Concellaría de Igualdade fai un chamamento ás mulleres ribadenses e as empregadas públicas do Concello de Ribadeo a secundar a folga prevista para o vindeiro venres, 8 de marzo, o Día Internacional das Mulleres.
Desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade explican que “é unha folga que ten como finalidade reclamar un mundo diferente no que o noso dereito a vivir unha vida digna se coloque no centro da axenda política, económica, social, educativa.Queremos construír unha sociedade xusta, na que se garanta a igualdade de oportunidades e dereitos, na que as tarefas de coidados non recaian sempre nas mulleres, na que as mulleres teñamos voz. Unha sociedade que non nos asasine polo feito de ser mulleres. Por estes motivos nace a convocatoria a unha folga de mulleres a todos os niveis: folga de coidados, folga laboral, folga de consumo e...
leer másAta o 22 de febreiro estará aberta na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, en Burela, a exposición dos traballos realizados nos cursos de tempo libre que organizou o Centro de Información ás Mulleres durante a tempada 2018. O acto de inauguración contou coa participación do alcalde burelés, Alfredo Llano, e da concelleira de Muller e Servizos Sociais, Noelia Mª Ben.
A mostra poderá visitarse de luns a venres en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 17 a 19 horas polas tardes.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o vindeiro 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o 5 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongararse durante todo ese mes.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, o 10 de marzo.
As diferentes Asociacións de Mulleres de San Ciprián reuniranse en datas próximas para definir o programa completo para conmemorar ese...
leer másA sala de exposicións do Concello de Lourenzá acolle desde onte, martes, e ata o día 2 de novembro unha mostra dedicada aos premios María Josefa Wonenburger, en recoñecemento ás mulleres científicas de Galicia. A exposición, que pode visitarse de luns a venres de 17:00 a 20:00 horas, foi inaugurada cun acto no que participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra; o edil de Cultura, Manuel Arango; a técnico social Pepa García; a educadora familiar Dolores Villasuso; e a traballadora social do Centro de Información á Muller (CIM) de Mondoñedo, Sonia Fraga.
Esta mostra, que consta de 13 paneis explicativos, foi solicitada á Secretaría Xeral de Igualdade, da Xunta, a través do CIM de Mondoñedo para a súa exposición ó público en varios concellos. Con esta exposición preténdese facer chegar á...
leer másO taller terá lugar no centro de Ioga “Piluca”en Burela (Rúa Arcadio Pardiñas, 165) ás 17:30 horas deste venres, 19 de outubro.
Dentro da programación de Activismos fronte ao patriacado, o Observatorio da Mariña pola igualdade organiza un Taller de Empoderamento Erótico- impartido por Mai Insua e Mari Fidalgo- no que poden participar mulleres de calquera vivencia e orientación sexual. Unha actividade novidosa na comarca da que moitas mulleres xa puideron gozar noutras cidades e vilas galegas.
Empoderase no erótico consiste en tomar consciencia daquelas influencias que nos frean e nos presionan á hora de exercer a nosa liberdade sexual. E o que se pretende neste taller, a través dunha experiencia vivencial de autocoñecemento é xerar un espazo de aprendizaxe onde potenciar os nosos sentidos, mellorar a nosa saúde...
leer másO Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza unha conferencia en Foz este venres, 29 de xuño.
A charla, titulada Somos mulleres, non mercadoría, terá lugar no Hotel Isla Nova ás 20:30 horas.
Esta conferencia correrá a cargo da filósofa feminista Ana de Miguel. Foi profesora titular na Universidade da Coruña, e en 2015 publicou o ensaio Neoliberalismo sexual: el mito de la libre elección, cuxo contido será parte central do seu relatorio.
Este acto enmárcase dentro do ciclo Activismos fronte ao patriarcado. Debates feministas na Mariña que continuará despois do verán.