Mulleres
A Concellaría de Igualdade organiza un ano máis unha viaxe para mulleres a un balneario. Será o 16 de abril. O prazo de inscrición ábrese hoxe.
A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, sinalou que “como xa adoita ser habitual nestas datas, desde a Área de Igualdade preparamos unha viaxe que ten como obxectivo potenciar a sororidade e o autocuidado da muller”.
A edil ribadense explica que “neste caso o destino elixido é o Termaria Talaso da Coruña. A viaxe será o domingo 16 de abril, saíndo ás 14:30 horas da Escola de Música e regresando ao redor das 21:00 horas. As mulleres que queiran participar nesta viaxe terán que sufragar a cota por utilización do Talaso, que ascende a 21 euros e inscribirse previamente. O Concello de Ribadeo custea ou autobús no que se desprazará a expedición. O prazo para inscribirse...
leer másMª Isabel Fernández García falará o 9 de marzo en Ourol do seu libro "Pioneiras da ciencia en Lugo".
A catedrática de Química Inorgánica da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, Mª Isabel Fernández García, estará en Ourol o vindeiro día 9 de marzo ás 18:00 h para falar do seu libro “Pioneiras da ciencia en Lugo” e sobre todo de tres mulleres de Ourol pioneiras en ciencias: Remedios Vázquez García, Segunda Vázquez García e Aurora Chao Quintana.
Neste libro recóllese a vida académica e laboral de 62 mulleres pioneiras no eido da ciencia que foron abrindo camiño para as que viñeron despois. Con este traballo a autora pretende visibilizar a situación da muller na universidade e sobre todo nas ciencias e poñer en valor o seu traballo e a súa contribución para acadar a igualdade da muller.
Este encontro será no Edificio Multiusos de Ourol.
O Concello de Trabada organiza o próximo día 8 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller, un curso de Autodefensa para Mulleres ante Situacións Violentas.
A Escola de Vilapercide acolle esta actividade, que se desenvolverá en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
A inscrición pódese formalizar xa nas oficinas do Concello de Trabada ou a través do teléfono 982.135.011.
O obxectivo deste curso de defensa persoal feminina é “procurar que as mulleres do concello de Trabada aprendan técnicas de autoprotección e protocolos básicos para mellorar a seguridade”.
A Concellaría de Igualdade organiza un obradoiro de biodanza. Denomínase Movéndonos cara o botrato e terá lugar os días 18 de marzo, 1, 15 e 29 de abril na Casa do Viejo Pancho en horario de 11 a 13:30 do mediodía.
A actividade será dinamizada pola psicóloga e facilitadora autorizada de Biodanza SRT, Mari Fidalgo. A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explica que “este obradoiro traballa a relación entre o bo trato e a saúde, incidindo na importancia das prácticas de autocoidado e na conexión co corpo e as emocións para o benestar e a autonomía”.
A edil ribadense dixo que “a proposta principal deste taller de biodanza para mulleres é estimular a nosa autoestima nutríndonos de vivencias de vitalidade, creatividade e afectividade, fortalencendo a saúde integral desde a naturalidade”.
... leer másA Casa da Cultura de Burela acolle este domingo, día 18 de decembro, ás 18h, a estrea do documental Si ka badu, ka ta biradu (Se non marchas, non podes volver), nunha proxección con coloquio posterior que contará coa participación do equipo do filme e mais das súas protagonistas. O acceso será libre, grazas á colaboración do Concello de Burela, que cedeu o espazo gratuitamente.
O documental, que parte dunha investigación desenvolvida polo Equipo de Investigación Sociedades en Movemento (ESOMI) da UDC, retrata a importancia que ten o traballo das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago. Vémolas cociñar, limpar, atender maiores e crianzas tanto nas súas localidades de orixe como na sociedade de destino, a galega, e comprendemos o impacto que ten...
leer másO curso está programado para o sábado 3 de decembro na Aula Omix da Casa da Cultura de Alfoz. En horario de 10:00h a 14:00h pola mañá e de 16:00h a 20:00h pola tarde.
Dirixido a mulleres a partir de 16 anos, no caso de menores de idade deberán contar coa autorización asinada pola nai, pai ou titor/a legal. Actividade gratuíta.
As persoas interesadas deberán chamar ao tfno. 982 558 001 (ext. 2) desde o 2 de novembro ata o 1 de decembro para anotarse ou se queren máis información.
Este curso está organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e impartido por monitores especializados.
É a segunda edición que se leva a cabo en Alfoz “e podemos dicir que o ano pasado contamos cun importante número de participantes de toda a Mariña e a valoración foi tan positiva que...
leer másA Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela recupera o próximo venres, 28 de outubro, na Casa da Cultura a obra “Lara Hierro” ás 21 horas, con Clara Ferrao, Constance Hurlé e Esperanza Mara.
Un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración millenial, que fora adiado no mes de abril e agora volve programarse con nova data. Soma pon o movemento, Psique a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo.
Lara Hierro é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustación, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á súa xeración.
Trátase dun espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a...
leer másA Área de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro de risoterapia para mulleres.
A edil Mónica Freire explica que “continuamos organizando actividades que ofrezan ferramentas ás mulleres para fortalecerse. O obxectivo é brindar ás participantes un espazo onde aprender a utilizar os beneficios da risa reducindo a ansiedade e aumentando a súa enerxía para afrontar as situacións cotiás. O coidado do entusiasmo é un factor crave do empoderamento e queremos fomentalo”.
A concelleira ribadense sinala que “con esta terapia ancestral traballaremos, entre outras cousas, a autoestima, o estrés e a desinhibición. Aprenderemos a estar máis receptivas e a harmonizar corpo e mente. Parécenos fundamental continuar creando espazos de sororidade para tecer redes de apoio que empuxen a eses cambios que a nosa...
leer másA Oficina de Turismo de Xove acolle desde este martes e ata finais de agosto a mostra “Mariñas, marosas e maruxainas”, formada por 16 retratos e outros tantos textos de traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña.
As fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de pescantinas, redeiras, mariscadores, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas. Da mesma maneira, os textos, de autoría feminina, visibilizan as historias de vida doutras mulleres anónimas.
A mostra forma parte do proxecto “Amar a mar”, coordinado pola xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e impulsado pola Vicepresidencia da Deputaciónn de Luo polo 50 aniversario do Museo do Mar de San Cibrao,...
leer másO 29 de xuño terá lugar unha charla sobre a endometriose. Será no salón de actos da Escola de Música de Ribadeo ás 20 horas. Está organizada pola Concellaría de Igualdade, o CIM e a asociación QuerENDO.
Dende a Concellaría de Igualdade explican: “continuamos coa campaña de difusión e concienciación sobre a endometriose para sensibilizar á sociedade desde unha perspectiva social, integral e de xénero, apoiando o traballo que fan asociacións como QueENDO coas mulleres afectadas”.
E engaden: “o salón de actos da Escola de Música de Ribadeo acollerá ou vindeiro mércores, 29 de xuño, o faladoiro Endometriose, a epidemia oculta, da man de Cristina Fernández Feijoo, presidenta de QuerENDO, a asociación galega sen ánimo de lucro que procura visibilizar a casuística desta enfermidade crónica. O faladoiro explicará, entre...
leer más