
O mércores 5 de xuño, a partir das 11 horas, terá lugar o encontro Novas Ruralidades. Empezará na Biblioteca Maravilhas, que está na parroquia de Arroxo (Lourenzá), no marco das xornadas de accións para promover a incorporación das mulleres aos dereitos económicos do sector agrario. Participarán Carmen Molejón Quintana, activista e dinamizadora social; Fátima Mayorga Olmos, logopeda; e Rosa Espiñeira Pan.
O xantar será na Casa da Penela, de Vilamor (Mondoñedo), onde acontecerá o resto da xornada. Pola tarde contarán coa participación de Thais Rivera López (Casa Niño Ourol) e María Ferreiro Santos (responsable da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego).
As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do teléfono 606.398.305.