Mondoñedo acolle unha xuntanza de vehículos clásicos este sábado, 22 de xuño

Mondoñedo acollerá unha xuntanza de vehículos clásicos este sábado, 22 de xuño. É a décima edición deste evento organizado pola asociación Clásicos Mindoniense.

As actividades empezarán ás 10:00 horas coa recepción e inscrición dos vehículos, entrega de tickets para a comida e sorteo de regalos. Ás doce do mediodía comezarán unha ruta e ás 15:00 horas será a comida e ao rematar o xantar farase entrega de premios e sorteo de agasallos. E ás 20:00 horas os participantes degustarán pinchos.